Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2023

Recomendacións lectoras

 

Magostín no Mosteiro

Ola mosteiriños e mosteiriñas! O venres pasado celebramos o Magostín, unha festa que xunta o Magosto có Sanmaín. Durante o Magostín, mergullámosnos na Mitoloxía Galega. Agora coñecemos os seus principais personaxes: os trasnos, os nubeiros e, como non, as meigas! Polo Magostín, as nenas e os nenos do Mosteiro experimentaron diferentes actividades na biblioteca. O alumnado de Educación Infantil e o de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria fixeron unha visita á biblioteca, onde realizaron unha actividade de contacontos coa presencia dunha meiga que fixo a experiencia moito máis terrorífica. Por outra parte, as nenas e nenos de 4º, 5º e 6º de Primaria foron descubrindo, por medio de pistas, algúns dos personaxes da Mitoloxía Galega. Esta actividade rematou tamén coa narración dun conto de Sanmaín. Agardamos que todas e todos o pasárades moi ben nesta viaxe de medo!!! Unha aperta moi grande.

Día das Bibliotecas Escolares 2023

 Ola a todas e a todos! Este curso 2023-2024 comeza cargado de novidades! Como xa sabedes, o 23 de outubro é o día das Bibliotecas Escolares. Ademais, esa data coincide có primeiro aniversario da nosa biblio! Para celebrar este día tan importante,  ao longo de toda a semana as nenas e nenos do Mosteiro visitaron a biblioteca e fixeron actividades moi divertidas para coñecela mellor.  Esta semana serviu tamén para inaugurar a biblioteca, así como un montón de propostas: o club de lectura, de lettering e moitas outras iniciativas que pensamos que esperemos que vos gusten e que participedes. Pero estas non son as únicas novidades que temos. Estes días estamos a celebrar o Magosto e o Sanmaín. Estas dúas festas xuntas forman o nome de MAGOSTÍN!!! Proximamente teredes máis novas sobre o Magostín... Unha aperta. Vémonos pronto!

Recomendacións lectoras: LEDICIA COSTAS

  Somos as voluntarias de 6º de Primaria. Gustaríanos recomendar os libros da escritora Ledicia Costas. Visitounos a semana pasada e foi moi amigable e divertida!  🤩   Contounos un montón de anécdotas!  Falounos da suavizante traxectoria e abraiounos coas súas andanzas persoais no mundo da literatura. 📚🫶🏼   Recomendamos os seus libros porque podes aprender moitas cousas e son moi divertidos!   Desfrutádeos! 🤗

2 de Maio - Día Internacional Contra o Acoso Escolar

Bo día!  As nosas voluntarias seleccionaron estes títulos para facer fincapé na importancia da tolerancia, diversidade, amabilidade e vínculo dentro e fora da comunidade educativa. ❤️💙💜💛💚🤍 Tamén queren deixar unha recomendación para disfrutar dunha sesión de cine en familia co alumnado de 3º ciclo (5º e 6º de E.P.).  Wonder , do director Stephen Chbosky, é unha película tierna e moi emotiva.  Propicia a reflexión e ao diálogo.  Ten unha mensaxe clara sobre a aceptación e o amor hacia un mesmo e unha mesma. ❤️💙💜💛💚🤍  

Recomendacións lectoras para o alumnado de 5-6º E.P.

                          Bo día!                As nosas voluntarias de 6º queren recomendar as seguintes lecturas:     1. "Tu cuerpo es único y extraordinario" de Jessica Sanders e Carol Rossetti é un libro que visibiliza moitos tipos de corpos diferentes na liña do movemento  Body Positive cunhas ilustracións fermosísimas. Ensínanos a querernos tal el como somos e facilita ferramentas para facelo.       Recomendación  MOI🔝, compañeirxs!! 2- Magalina y el gran misterio - Douye Sylvia  Adéntrate no misterioso mundo dos animais máxicos con Magalina e vive unha aventura cheiña de criaturas mágicas, misterios e perigeos inimaxinables... 3- INVISIBLE - Eloy Moreno:  Outra lectura que merece moitísimo a pena. Fermosa, emotiva, que invita a reflexión e que fai medrar. Podedes atomar os tres títulos na nosa biblio 🤍 Animádevos que voan!

"A RECONQUISTA DE VIGO"

       Hoxe as nosas voluntarias queren recomendar os seguintes libros que podedes atopar na biblioteca para coñecer un pouquiño máis a historia da nosa gran cidade. ♥️

8 de Marzo 💜

         A nosa biblioteca está cheiña de lecturas coma as seleccionadas polas nosas voluntarias para reivindicar especialmente durante esta semana, e sempre, a importancia da figura das MULLERES  en igualdade completa de dereitos. 💪🏼     Lembrade que as portas da biblio están sempre abertas e os fondos a disposición de toda a comunidade!

"El cazo de Lorenzo" - Isabelle Carrier

Ola a todos e a todas!  Aquí podedes ver unha das recomendacións lectoras a cargo das nosas alumnas voluntarias de 6º E.P. Gravaron este video dende o iPad con moitísimo agarimo, reflexión e consciencia. 💜