Ola a todas e a todos! Este curso 2023-2024 comeza cargado de novidades! Como xa sabedes, o 23 de outubro é o día das Bibliotecas Escolares. Ademais, esa data coincide có primeiro aniversario da nosa biblio! Para celebrar este día tan importante, ao longo de toda a semana as nenas e nenos do Mosteiro visitaron a biblioteca e fixeron actividades moi divertidas para coñecela mellor. Esta semana serviu tamén para inaugurar a biblioteca, así como un montón de propostas: o club de lectura, de lettering e moitas outras iniciativas que pensamos que esperemos que vos gusten e que participedes. Pero estas non son as únicas novidades que temos. Estes días estamos a celebrar o Magosto e o Sanmaín. Estas dúas festas xuntas forman o nome de MAGOSTÍN!!! Proximamente teredes máis novas sobre o Magostín... Unha aperta. Vémonos pronto!
Blog da biblioteca escolar do CEIP MOSTEIRO BEMBRIVE