Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2015

VISITA ANA ALONSO

O martes 24 de febreiro os alumnos de 5º recibimos na biblioteca do Mosteiro a visita de Ana Alonso, escritora, bióloga , profesora de secundaria e importante autora de obras de literatura xuvenil. Un dos seus últimos títulos   “La herencia de Pedro”  é un dos libros que lemos neste curso . Ana Alonso contounos que comezou a escribir sendo nena, pero que non foi ata  a universidade cando empezou a publicar os textos que escribía. Estos relatos atópanse recollidos nunha colección da editorial Anaya chamada “Pizca de sal”. Antes de rematar a visita e, despois de contestarnos ás preguntas que lle formulamos, Ana Alonso firmounos o libro a todos . Xa por último asinou no libro de visitas da biblioteca e deixou a súa pegada para que sempre a lembremos. 

O GRÚFALO

Ca volta do nadal estivemos moi atarefados no colexio...pero as actividades non paran na nosa biblioteca. Mañá non esquezades vir coñecer a filla do Grúfalo. Será as 17:00h na nosa biblioteca,a cargo da editora Patas de Peixe.