Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2024

Lecturas pola Paz

 Bós días a todas e todos! Esta semana estivemos festexando no Mosteiro o Día escolar da Paz e non violencia. Para conmemorar este día, o alumnado do cole disfrutou na biblioteca de diferentes lecturas pola paz. Para o ciclo de Educación Infantil, o conto escollido foi Negros e brancos que aborda a xestión das diferenzas e a importancia da diversidad a través da divertida historia duns elefantes. Coas nenas e nenos de 1º e 2º, traballouse o conto  Hoy no juegas , no que se fala da relevancia de tratar ben aos demais e da resolución de conflitos. O alumnado de 2º ciclo de Primaria aprendeu coa historia de  Se busca culpable , onde o malhumorado señor Ponte sofre as consecuencias da súa intolerancia. Os maiores desfrutar dunha entretida actividade en torno a  La fábrica de etiquetas , a través da cal traballaron a eliminación de prexuízos.