Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2026

Anxo Iglesias no Mosteiro

 Ola mosteiriñas e mosteiriños! O outro día tivemos a gran sorte de recibir ao escritor Anxo Iglesias no cole. Os rapaces de 5º e de 6º estabamos super contentos de poder coñecer ao autor dos libros que lemos na clase.   Entre todos, lemos un anaquiño do seu libro de poemas, e a continuación Anxo ensinounos que hai moitísimas formas de desfrutar da poesía. Non se trata só de ler unhas páxinas con rimas, senón de vivir a poesía con emoción e interpretar as palabras de diferentes maneiras. Xa vedes que o pasamos de marabilla! Esperamos con ganas que volvas, Anxo!

Descubrindo os nosos bosques

 Ola mosteiriños e mosteiriñas! O outro día os alumnos de 3º e 4º desfrutamos dunha actividade de educación medioambiental, da man da Cooperativa Miudiño, na que aprendemos un montón sobre os bosques de Galicia. Para comezar, o contacontos fíxonos descubrir as fragas galegas cunha historia sorprendente. E logo, que se fai coa madeira das fragas? Pois os amigos de Miudiño tiñan unha resposta: xogos! Aprendimos que, antigamente, moitos xoguetes estaban feitos con madeira, pois non había tanto plástico. E tivemos a sorte de poder probar algúns deses xogos tradicionais. Pasámolo pipa!

Contacontos marítimo!

Ola mosteiriñas e mosteiriños! Hoxe queríamos compartir con vós esta actividade chulísima que fixeron as clases de 1º e de 2º. Unha rapaza do equipo de Vigo Pesqueiro viu a contarnos unha historia moi chula con animais mariños como protas. Desfrutamos un montón coñecendo á raia Shu e a Fermín o boi de mar! Ao rematar a historia, tivemos un taller de papiroflexia e recreamos a unha das personaxes do conto: Branca a balea. Por suposto, cada balea era personalizada, con nomes e cores diferentes. Pasámolo xenial!