Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2011

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Hoxe, 24 de outubro, celebramos o día das bibliotecas escolares. Tivemos un día intenso, con moita actividade, pola mañá  fixemos entrega dos premios do concurso literario e pola tarde disfrutamos dunha estupenda sesión de contacontos. Antes do  recreo achegáronse a biblioteca os nenos/as de infantil e 1º ciclo de EP, participantes na modalidade de debuxo. Estes foron os gañadores Despois do recreo achegáronse a biblioteca o alumnado de 2º e 3º ciclo de EP, participantes na modalidade de narrativa. Estes foron os gañadores Pola tarde, pequenos e maiores disfrutamos dun estupendo conto sobre piratas. Logo  coa axuda dos papás, mamás, avós e avoas fixemos un marcapáxinas pirata e unha bosla do tesouro, cunhas moedas sabrosísimas e deliciosas. MOITAS GRACIAS A TODOS/AS POLA VOSA PARTICIPACIÓN.

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O vindeiro 24 de outubro celebramos o Día da biblioteca escolar, aquí deixamos o cartaz editado pola Consellería de Educación realizado por unha autoar galega,  Emma Ríos , ilustradora do mundo do cómic. + información sobre EMMA RÍOS no portal Banda Deseñada, do Consello da Cultura Galega. +  Emma Ríos na Wikipedia Recordade que o vindeiro luns pola mañá faremos entrega dos premios do noso concurso literario e pola tarde estades convidados, cos vosos pais/nais, a visitar a nosa biblioteca. Teremos unha estupenda sesión de contacontos.

ARTE NA BIBLIOTECA

A pasada semana disfrutamos dunha exposición de arte na biblioteca, visitounos o artista Mingos Teixeira e a concelleira   de educación, Raquel Díaz.
A semana pasada todos visitamos a biblioteca para ver as novidades, repasar normas, lembrar o sistema de empréstito.....formación de usuario para alumnos e mestres. Aquí vos deixamos o díptico para que recordedes algunhas pequenas cousiñas: Open publication - Free publishing - More news