Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2012

MIGALLAS TEATRO

Hoxe tivemos unha actuación estelar, a compañía Migallas teatro acudiu o colexio para representarnos a obra de teatro"Un avó especial" " Un avó especial" foi un espectáculo para os/as nenos/as onde se tratou o tema da relación entre os/as nenos/as e os maiores en xeral, así  como diferentes xeitos de educar os/as nenos/as por parte dos diferentes membros da familia. O avó presentouse cómo transmisor da sabiduría tradicional e peculiar de cada pobo frente a uniformidade cultural imposta pola publicidade e a sociedade de consumo. O avó transmite ditos tradicionais, líos e enredos... O final o avó enferma de alzheimer, tema tratado de xeito humorístico que persigue fomentar actitudes optimistas para afrontar os problemas da enfermidade e mostrar a importancia dos nenos/as para vivir momentos felices.  

AS VISITAS DOS AVÓS (5º DÍA)

Hoxe, con moita tristura,esta experiencia chega o seu fin. Tocoulle o gupo de 2º A e volveron participar por terceiro día consecutivo os cativos de 3 anos (os avós de tres anos son moi participativos). A avoa Marina contou contos e recitou poesías e o avó Manolo tocou o acordeón. Todos xuntos fumos cos avós Pepe e Pepe o horta, para plantar guisantes. Os alumnos de 5ºB disfrutaron ca compaña de Pepe, que lles ensinou un montón de xogos dos seus tempos: trompo, canicas, aro, suma, parede e pateiro. Moitas gracias por todas estas experiencias vividas esta semana. Foi unha delicia xuntar duas xeracións tan diferentes pero tan unidas. Non esquezades que o vindeiro venres 30 de marzo ás 12:15 horas temos unha festa para tódolos avós do noso centro...vos esperamos.

AS VISITAS DOS AVÓS (4º DÍA)

Cada día somos máis os grupos de alumnos que disfrutamos da compaña dos avós e incluso algún grupo repite. Os máis cativos do cole, infantil 3 anos, repetiron sesión, a avoa Queta ensinoulles o proceso da lá, dende que se rapa a ovella hata que se fai a bufanda, logo o avó Luis contoulles historias da súa infancia. Despois tocoulle o turno a 4º de primaria, tiveron a visita de Rula e Manolo, dous avós que contaron historias relacionadas ca súa vida de novos, mostraron fotos relacionadas co circo, co comic...da súa época, tamén trouxeron un periódico ca foto da súa voda....unha parexa ben interesante. Vos damos ás gracias por participar nesta actividade, compartindo con nós temas tan interesantes, e axudándonos a entender unha época ben distinta a de hoxe. A todos moitas gracias. Mañá venres...mais...

AS VISITA DOS AVÓS (3º DÍA)

Hoxe na biblioteca seguimos cas visitas dos avós e avoas. Hoxe tocoulle o turno a 6º,1º de primaria e infantil de 3 anos. Os alumnos de 6º e 1º de primaria, disfrutaron da compaña de José e Margarita. José foi o avó máis veterano que nos visitou, 90 anos levados con moita vitalidade  e Margarita ensinounos varios trabalinguas.....unha maravilla.  Os mais cativos do cole disfrutaron co avó Tito e María. Tito contounos un conto con marionetas e nos falou da importancia do xogo de xadrez. María acompañounos a cociña do colexio para elaborar unhas ricas tortiñas con chocolate e fresa. De todos eles aprendemos un montón de cousas e lles fixemos ás nosas entrevistas.  Moitas gracias pola vosa visita. Mañá xoves...máis...

AS VISITAS DOS AVÓS (2º DÍA)

Hoxe tocoulle o turno os/as alumnos/as de 3º e infantil 4 anos B. No curso de 3º foi a avoa Juani quen nos deleitou cun poema de Rubén Darío e nos ensinou un xogo o que ela xogaba cando era pequena "Baltrua", Unha avoa moi dinámica. Os/as alumnos/as de infantil 4 anos disfrutaron co conto e cantigas de Puri e unhas deliciosas galletas feitas ca avoa Silvia. Gracias por facernos disfrutar dunha mañá entrañable. Mañá mércores...máis...

AS VISITAS DOS AVÓS (1º DÍA)

Hoxe na biblioteca tivemos unha visita moi especial.....os avós e avoas. A clase de 2º B e infantil 5 anos tivemos a visita de dous avós chamados Manuel. Disfrutamos da melodía e historia da zanfona e escoitamos un conto maravilloso sobre a historia da vida do avó Manuel. A clase de 5ºA tivo a visita de Ana e Juan, dous avós moi entrañables que nos deleitaron cun precioso poema e nos contaron cousas acerca da súa vida. A todos eles lles realizamos as entrevistas que tiñamos preparadas, como verdadeiros periodistas. Disfrutamos moito con eles, moitas gracias pola vosa visita. Mañá  martes.....mais...

FESTA DOS AVÓS

Convidámoslles á festa dos avós do CEIP. MOSTEIRO-BEMBRIVE que se celebrará no patio cuberto do centro  o venres 30 de marzo de 2012. Atentamente, un saúdo.  O claustro de profesores do centro.

OS AVÓS VEÑEN A ESCOLA

Os avós teñen moito que CONTAR... Nas próximas semanas os avós e avoas do colexio virán a nosa biblioteca para contar un conto, plantar unha semente, facer unha receita, ensinar unha cantiga ou xogo... 

OS AVÓS VEÑEN A ESCOLA

Mentrás esperamos o gran día no que nos visitarán os avós e avoas, vos deixamos unha cantiga moi divertida:

SALÓN DO LIBRO

Do 4 ao 31 de marzo de 2012, desenvolverase en Pontevedra unha nova edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil.  O Salón indagará nas supersticións, de onde veñen estas crenzas, na importancia dos números nos contos, na boa e mala sorte, e nas historias dos nosos maiores e como se trasladan á literatura infantil. Teñen moitas actividades para pequenos e maiores, votade un ollada no seu enlace:         www.salondolibro.org E o mais importante, non vos esquezades de acudir a esta importante cita.