Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2019

SESIÓN DE CONTACONTOS NA BIBLIO

Onte vivimos unha fermosa experiencia na biblio do cole, visitáronnos uns avoíños e avoíñas para facer unha sesión de contacontos baseada no conto "Así es mi corazón" . Xuntos pasamos unha tarde moi entretida e entrañable. Esperamos poder repetir pronto! Aquí tedes unhas fotiños da experiencia.

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES EN INFANTIL

Os nenos e nenas de Infantil festexamos o Día Internacional das Bibliotecas escolares dun xeito un pouco particular. Invitamos aos nosos mellores amigos, os nosos peluches, a pasar unha noite na biblio de cole. FESTA DE PIXAMAS DE PELUCHES!! Pillarratos e as mestras ensináronlles todos os segredos da biblio, todos os libros que contén, coontáronlle moitos contos, déronlles de cear, fixeron unha sesión de cine, e despois... todos xuntiños a durmir! Ao día seguinte os nosos peluches entregáronnos unha carta con moitísimas fotos das súas aventuras na biblio. Unha experiencia xenial para animar aos nosos peques a visitar a biblio do cole. Aquí vos deixamos algunhas fotiños.

DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Co motivo do Día Internacional das Bibliotecas Escolares e do Cambio Climático tivemos a visita da Bióloga Dª Elena Benito que nos falou da importancia do cuidado do solo para a vida do noso planeta. E ao principio da mañá, na biblioteca fíxose a entrega aos nenos de Infantil, 1º e 2º Primaria do marcapáxinas gañador do último concurso da Muller Traballadora. Aquí os deixamos as algunhas fotografías da charla.

COÑECEMOS A CARLOS VILA SEXTO

Bos días rapaces e rapazas! Pillaratos está moi contento xa que o venres pasado veu o autor Carlos Vila Sexto co seu pai a visitar os alumnos/as de 5º de Primaria. Os nenos/as de 5º fixéronlle moitas preguntas a Carlos e tamén o seu pai!! Pillarratos observou en todo o momento o que pasaba e quedou abraiado de canto sabía e lían estes alumnos/as!  Pillaratos observando como os nenos/as de 5º preguntaban a Carlos. Contounos moitas anécdotas da súa vida e do seu libro "Hugo e o ladrón pantasma" na que explicounos que moitas das personaxes que saían no libro existían. Incríble verdade? Ademáis tamén estivemos preguntado cando saía o seu próximo libro xa que estamos deseando lelo!                         Os nenos/as contentos pola chegada de Carlos Vila Dende aquí queremos dar as gracias a Carlos por tan inolvidable entrevista que lle fixemos e o invitamos de novo a vir, xa que nos divertimos moito con el.  Gracias Carlos! Volve pronto!