Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2011
Así é como temos a  biblioteca, toda engalanada co motivo do 14 de febreiro. Despois de moito traballar a importancia da amizade no día paz, os nenos e nenas do noso centro convertíronse en grandes poetas e poetisas elaborando preciosos poemas e adicando algunhas verbas a algún amigo. UN AMIGO...UN POEMA.  Vos deixamos unhas fotos para que vexades parte do resultado.....estades todos convidados a visitar a biblioteca para ler estes bonitos poemas.

SALÓN DO LIBRO

Dende aquí queremos animar a todos para que visitedes o salón do libro de Pontevedra dende o 6 de febreiro ao 19 de marzo estarán abertas as portas da décimo segunda edición do   Salón do Libro Infantil e Xuvenil   no   Pazo da Cultura de Pontevedra . O programa, que podedes consultar   aquí , componse de exposicións, concertos, obradoiros, conferencias e moita, moita, literatura. O tema central deste ano son as mentiras e a autora homenaxeada, Gloria Sánchez . Os nosos rapaces de infantil farán unha visita a este salón o vindeiro 23 de febreiro.