Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de abril, 2012

MES DOS LIBROS

Este mes estamos adicando as sesións semanais de biblioteca a falar dos libros que máis nos gustan. Os nenos e nenas de infantil fixeron unha votación sobre os seus contos favoritos, e este foi o resultado. OS CONTOS FAVORITOS DOS PEQUENOS DO COLE: 1.- El pez Arcoiris. 2.- Crocodilo namorado. 3.- A que sabe a lúa?. 4.- O elefante casimiro. 5.- Corre corre calabaza. Vos deixamos o peixe Arcoiris contado por nenos/as de outro cole. Disfrutadeo.

DÍA DO LIBRO

O pasado 23 de Abril,  co gaio da celebración do día do libro, acudimos todos os alumnos/as do colexio a biblioteca do centro. Na biblioteca esperábanos unha gran sorpresa. As mestras explicaron un pouco de historia acerca de esta celebración, mostráron as nosas produccións deste curso e.....¡Que gran sorpresa! Un novo Pillarratos, esta vez o noso amigo é enorme e moi suave,  para rematar unha gran tarta para festexar a FESTA DO LIBRO.
FELIZ DÍA DO LIBRO PARA TODOS/AS. Vos aconsellamos que visitedes a páxina web do club kirico, onde atoparedes moitas ideas para regalar hoxe. Club Kirico, 23 de abril, día do libro

DÍA DO LIBRO

O vindeiro luns 23 de Abril celebrase o día do libro. Na biblioteca estamos a traballar esta importante data con esta preciosa animación.....aquí a deixamos para disfrutala con todos vós....

FINA CASALDERREY

Hoxe, na nosa biblioteca, tivemos unha gran visita. Visitounos Fina Casalderrey, autora de numerosos libros. Tivemos con ela unha conversa moi interesante, degustamos doces realizados das receitas recollidas nos seus libros. Adicounos os nosos exemplares do seu libro que estivemos lendo este curso, tamén deixou a súa pegada no libro de visitas e na porta das visitas importantes. vos deixamos unhas fotos para que vos deleitedes...

DESPEDIMOS O 2º TRIMESTRE

Xa despedimos o 2º trimestre, e tivemos unha despedida moi especial "A FESTA DOS AVÓS". Esta festa foi o broche de ouro a todo o traballado na biblioteca durante o trimestre. Os nosos nenos homenaxearon os seus maiores e os agasallaron cunha linda flor baixo o lema "AXÚDAME A MEDRAR"