Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2012

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

O APALPADOR

O pasado día 10 de decembro estivo na nosa biblioteca o escritor e ilustrador Xoán G. , autor dos libros “O Apalpador” e “O Apalpador e a castaña máxica”. Falounos deste personaxe tradicional galego da serra do Courel e contestou ás nosas preguntas. Entre todos fixemos un quebracabezas dun gran Apalpador.
Este ano co gaio do día das bibliotecas escolares convocouse no centro un concurso "DECORA A TÚA BIBLIOTECA DE AULA" A verdade é que todos traballaron moito moito... Aquí tedes o resultado. Moitos parabéns a todos polo traballo realizado. AULA INFANTIL 3 ANOS AULA INFANTIL 4 ANOS AULA INFANTIL 5 ANOS A AULA INFANTIL 5 ANOS B 1º PRIMARIA 2º PRIMARIA 3º A PRIMARIA 3º B PRIMARIA 4º PRIMARIA 5º PRIMARIA 6º A PRIMARIA 6ºB PRIMARIA AULA DE RELIXIÓN AULA DE MÚSICA AULA DE AUDICIÓN E LINGUAXE
Ola: Que ledos estamos co gaio do día das bibliotecas escolares! Estes días hai moito rebumbio pola escola...pillarratos, lemas sobre lecturas, libros, revistas,decoracións de biblios... Está en plena marcha a convocatoria de decoracións de bibliotecas de aulas. Xa quedan poucos días, así que......moita sorte a todos os participantes!

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O vindeiro 24 de outubro celebraremos o día das bibliotecas escolares. A consellería de educación edita un cartaz para esta celebración  "BIBLIOTECA ESCOLAR, ACELERADORA DE INNOVACIÓN"

NOVAS ACTIVIDADES NA BIBLIOTECA.

Ola a todos!!! Neste mes de setembro tivemos moita actividade no colexio...polo que este blog estivo paralizado, pero...eiquí estamos de novo coas actividades da biblioteca. Comezamos con moita ilusión posto que nos foi concedido o PLAMBE (plan de mellora de bibliotecas escolares de Galicia). Vos deixamos o enlace: http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/ Este curso teremos moitas novidades.  Tódolos cursos pasaron xa pola biblioteca e, como cada inicio de curso, comezamos con  formación de usuarios: Normas de uso da biblioteca. Espazos da biblioteca Partes do libro. CDU, clasificación. Préstamo de libro. Uso do novo carnet. etc.... Xa vos iremos contando...... Un bico grande a todos, BENVIDOS A NOSA BIBLIOTECA!!!!!!!!!!!!!!!!!

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

Nestes primeiros días de xullo, vos deixamos na estantería recomendacións lectoras cara o verán. Non esquezades visitar a feria do libro, situada na plaza de Compostela ata o vindeiro 8 de xullo. Vos desexamos boas compras lectoras.

VACACIÓNS

Felices vacacións para todos peques, papis e profes. Por este curso rematamos a nosa actividade!!! Agora toca xogar, disfrutar, ir a praia e leer !!!l Dende a biblioteca de Mosterio vos desexamos que difrutedes dun merecido descanso e gocedes de relaxadas e moi boas lecturas. VÉMONOS EN SETEMBRO.

TEATRO

Esta vez tocoulle facer teatro os máis pequenos, representaron a casiña de chocolate...toda unha delicia, votade unha ollada.    

CONTACONTOS DE XUÑO

O contacontos do pasado venres, estivo adicado os castelos, esta foi a últma sesión de contacontos polas tardes do presente curso. MOITAS GRACIAS   a nosa mamá contacontos e a tódolos asistentes por facelo posible. Vos deixamos varias fotos da sesión:

MES DAS LETRAS GALEGAS

Aquí vos deixamos unhas imaxes das sesións de teatro. Carapuchiña vermella. Os tres osos. A ratiña presumida.

LETRAS GALEGAS

Este mes adicamos as sesións da biblioteca a traballar os sentidos no galego. O galego sóame. O galego sábeme. O galego cheirame. O galego véxoo. Cada ciclo esta a facer unha investigación sobre un dos sentidos e traballamos os sentidos no teatro en base os seguintes contos. O gusto: A casiña de chocolate. O oido: A ratiña presumida. O olfato: Os tres osos. A vista: Carapuchiña vermella.  Pronto vos deixaremos as actividades realizadas.

MES DOS LIBROS

Este mes estamos adicando as sesións semanais de biblioteca a falar dos libros que máis nos gustan. Os nenos e nenas de infantil fixeron unha votación sobre os seus contos favoritos, e este foi o resultado. OS CONTOS FAVORITOS DOS PEQUENOS DO COLE: 1.- El pez Arcoiris. 2.- Crocodilo namorado. 3.- A que sabe a lúa?. 4.- O elefante casimiro. 5.- Corre corre calabaza. Vos deixamos o peixe Arcoiris contado por nenos/as de outro cole. Disfrutadeo.

DÍA DO LIBRO

O pasado 23 de Abril,  co gaio da celebración do día do libro, acudimos todos os alumnos/as do colexio a biblioteca do centro. Na biblioteca esperábanos unha gran sorpresa. As mestras explicaron un pouco de historia acerca de esta celebración, mostráron as nosas produccións deste curso e.....¡Que gran sorpresa! Un novo Pillarratos, esta vez o noso amigo é enorme e moi suave,  para rematar unha gran tarta para festexar a FESTA DO LIBRO.
FELIZ DÍA DO LIBRO PARA TODOS/AS. Vos aconsellamos que visitedes a páxina web do club kirico, onde atoparedes moitas ideas para regalar hoxe. Club Kirico, 23 de abril, día do libro

DÍA DO LIBRO

O vindeiro luns 23 de Abril celebrase o día do libro. Na biblioteca estamos a traballar esta importante data con esta preciosa animación.....aquí a deixamos para disfrutala con todos vós....

FINA CASALDERREY

Hoxe, na nosa biblioteca, tivemos unha gran visita. Visitounos Fina Casalderrey, autora de numerosos libros. Tivemos con ela unha conversa moi interesante, degustamos doces realizados das receitas recollidas nos seus libros. Adicounos os nosos exemplares do seu libro que estivemos lendo este curso, tamén deixou a súa pegada no libro de visitas e na porta das visitas importantes. vos deixamos unhas fotos para que vos deleitedes...