Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2015

NADAL

O equipo de biblioteca vos desexa bo nadal e un ano 2016 cheo de boas lecturas.

LIBROS PARA O NADAL

Vos deixamos o noso boletín de suxerencias lectoras con libros aconsellados por idades sobre o universo e educación emocional. Seguro que nel atoparedes algún agasallo interesante para pedir neste nadal.

CONTACONTOS

O pasado martes Irene, a ni de Hugo, deleitounos co conto "EL CASCANUECES" fixemos unha actividade plástica e agasallounos con chuches...UUUMMMMMM que delicia!!!! Irene moitas gracias, esperamos volver a verte pronto hola nosa biblioteca.

NADAL NA BIBLIOTECA

Na biblioteca do cole un axudante de Papá Noel deixounos unha caixa de correos para que deixaramos os nosos mellores desexos para a nosa biblioteca e a nosa mascota. A actividade motivadora foi a lectura de   “Un agasallo diferente” de Marta Azcona que ensinounos que o importante non é o tamaño do regalo, nin o tecnolóxico que fora, nin o custo do agasallo, nin …  senón o cariño da persoa que nolo da, a oportunidade que danos para que a nosa imaxinación voe e fáganos pasar ratos divertidos cos demais.                                  Pasará polo cole o 24 de decembro?

CONTACONTOS

O pasado martes Cristina deleitou os mais cativos do cole cun contacontos en inglés. A historia a coñeciamos moi ben, eran os tres porquiños. MOITAS GRACIAS CRISTINA

CONTACONTOS

O martes da semana pasada Yoli, a coidadora do noso centro, deleitounos cun contacontos en lingua de signos, a experiencia foi toda unha novidade pero gustou moito. Moitas gracias Yoli, esperemos que estiveses a gusto e poder volver a verte pola biblioteca.

PREMIOS DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Como contábamos onte, o venres acudimos todos a biblioteca para saber quenes eran os gañadores do concurso. Os gañadores foron: a clase de 1º e 4º de primaria e a aula de relixión. NORABOA A TÓDOLOS PARTICIPANTES!!!!
Xa sabedes que o pasado 24 de outubro foi o Día das Bibliotecas Escolares. Ese día non tivemos cole, pero o celebramos o día anterior. O venres antes de saír o recreo xuntámonos en duas tandas na biblioteca. Todos no colexio andiveron moi liados preparando as as bibliotecass de aula para o concurso, estes foron os resultados. ¿Cal é a vosa preferida? Mañá vos contaremos quenes foron os gañadores...

BENVIDOS

Neste mes de outubro arrancamos o novo curso escolar na biblioteca do noso cole.  Foi un mes cheo de novidades e de formación de usuarios. Neste mes temos unha gran cita... As aulas están moi atarefadas participando no concurso de decoración das bibliotecas de aula. MOITA SORTE A TODOS!!!!!

CONTACONTOS

O pasado martes disfrutamos dunha nova sesión de contacontos na biblioteca do noso cole, moitas gracias a nai de Hugo por facernos pasar unga tarde agradable.

EXPOSICIÓN LITERARIA

VISITA ANA ALONSO

O martes 24 de febreiro os alumnos de 5º recibimos na biblioteca do Mosteiro a visita de Ana Alonso, escritora, bióloga , profesora de secundaria e importante autora de obras de literatura xuvenil. Un dos seus últimos títulos   “La herencia de Pedro”  é un dos libros que lemos neste curso . Ana Alonso contounos que comezou a escribir sendo nena, pero que non foi ata  a universidade cando empezou a publicar os textos que escribía. Estos relatos atópanse recollidos nunha colección da editorial Anaya chamada “Pizca de sal”. Antes de rematar a visita e, despois de contestarnos ás preguntas que lle formulamos, Ana Alonso firmounos o libro a todos . Xa por último asinou no libro de visitas da biblioteca e deixou a súa pegada para que sempre a lembremos. 

O GRÚFALO

Ca volta do nadal estivemos moi atarefados no colexio...pero as actividades non paran na nosa biblioteca. Mañá non esquezades vir coñecer a filla do Grúfalo. Será as 17:00h na nosa biblioteca,a cargo da editora Patas de Peixe.