Ir al contenido principal

Magostín no Mosteiro

Ola mosteiriños e mosteiriñas!

O venres pasado celebramos o Magostín, unha festa que xunta o Magosto có Sanmaín. Durante o Magostín, mergullámosnos na Mitoloxía Galega. Agora coñecemos os seus principais personaxes: os trasnos, os nubeiros e, como non, as meigas!

Polo Magostín, as nenas e os nenos do Mosteiro experimentaron diferentes actividades na biblioteca. O alumnado de Educación Infantil e o de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria fixeron unha visita á biblioteca, onde realizaron unha actividade de contacontos coa presencia dunha meiga que fixo a experiencia moito máis terrorífica.

Por outra parte, as nenas e nenos de 4º, 5º e 6º de Primaria foron descubrindo, por medio de pistas, algúns dos personaxes da Mitoloxía Galega. Esta actividade rematou tamén coa narración dun conto de Sanmaín.

Agardamos que todas e todos o pasárades moi ben nesta viaxe de medo!!!

Unha aperta moi grande.






Entradas populares de este blog

DÍA DO LIBRO 2020

O día  23 de abril celébrase en todo o mundo o   DÍA INTERNACIONAL do LIBRO. A orixe desta celebración remóntase a 1926. O  23 de abril  de 1616 finaban   Cervantes , Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega . ... En 1995 o día do libro  convértese nunha FESTA MUNDIAL. Este ano que tanto temos que QUEDAR NA CASA os libros axúdannos a pasar moitos ratos entretidos, a soñar, a viaxar e a imaxinar moitas cousas.                                                                                           TER UN LIBRO É TER UN AMIGO MIGUEL DE CERVANTES      ( Miguel de  Cervantes ...

Un poema e unha flor

 Para celebrar o día do libro, o 23 de abril realizamos un recitado de poemas creados polas nenas e nenos do cole e intercambiamos unha flor.