Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2014

ÚLTIMAS NOVAS

Antes de rematar, polo de agora, informarvos que o próximo curso seguiremos co Plambe, proxecto de mellora de bibliotecas escolares, no que estamos inmersos dende fai un ano.  Mirade como está de bonita a biblioteca grazas a participación nel: temos novos armarios e carteis!!  SO FALTA ENCHELOS!! 

CONTACONTOS

Un ano máis, Cristina, nai de dous alumnos do colexio, brindouse a vir pola tarde a contarnos, aos nenos e nenas de Ed. Infantil, do 1º ciclo de primaria e aos seus acompañantes, un bonito conto.  Despois, fixemos un precioso peixe. 

O DÍA DO LIBRO. 23 DE ABRIL. LECTURA COMPARTIDA

O 23 de abril os nenos e nenas maiores do colexio leron aos máis pequenos.  Aproveitando o bo tempo, fixémolo no patio.  O 24 de abril , foron os pequenos os que leron aos maiores.  Pero esta vez, nas aulas. 

O DÍA DO LIBRO

En abril chegou o noso día: O DÍA DO LIBRO . Este ano celebrámolo coa participación de toda a comunidade educativa:  "LER EN FAMILIA" Este foi o motivo para facer unha bonita exposición de libros e manualidades con protagonistas, temática ou lugares relacionados co mar.  Grazas a todos pola vosa participación e colaboración!  Tamén fixemos anuncios do noso libro favorito para que os nosos compañeiros e compañeiras puidesen coñecelos. Mirade algúns exemplos...

DÍA DA POESÍA. 21 DE MARZO

    Durante algunhas sesións traballamos este xénero literario. Para rematar o noso traballo fixemos bonitos caligramas .  Máis especies mariñas? Si.  Este ano o noso proxecto estelar é “O caladoiro da convivencia” e todo xira arredor do MAR. 

O ENTROIDO NA BIBLIOTECA

    Durante o mes de febreiro e marzo convertémonos en investigadores de especies mariñas buscando información en medios impresos e dixitais. Estes son os resultados: 

DÍA DA PAZ

  Estes son algúns dos acrósticos que fixemos coa palabra PAZ.