Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2010

CONTACONTOS DE NADAL

Con este contacontos a biblioteca escolar e Pillarratos despídense ata o día 10 de xaneiro de 2011. Nesta sesión da biblioteca a mamá de Quique  deleitounos cun precioso conto sobre Papá Noel , pequenos e grandes disfrutaron dun agradable encontro, como podedes ver nestas imaxes. Grazas a todas as persoas que fan posible que isto suceda. BO NADAL E BOAS LECTURAS.

BO NADAL

CHEGA O NADAL A BIBLIOTECA DO MOSTEIRO e temos unha invitada especial que nos agasallará cunha sesión de contacontos para os mais cativos do cole, os nenos de infantil 1º e 2º de primaria. Será o vindeiro venres 17 de decembro de 16:30 a 17:00 na nosa biblioteca . NON PODEDES FALTAR. Para os maís maiores non esquezades botar unha ollada os andeis de novidades e o andel especial de nadal....hai moitas cousas interesantes. Por certo...¿que tal van esas cartas a Papá Noel?

EXPOSICIÓN LITERARIA

Xa queda pouco....  a nosa biblioteca está a piques de abrir as súas portas coas últimas novidades editoriais (1,2 e 3 de decembro). Estas son algunhas das editoriais convidadas
1, 2 e 3 de decembro EXPOSICIÓN LITERARIA . Na nosa biblioteca teremos unha exposición das últimas novidades de diversas editoriais, todas as aulas pasaremos a visitala. Tamén poden acudir os pais e nais en horario de 16:00 a 18:00 da tarde. ANÍMATE A VISITARNOS

Boas lecturas

Dende o equipo da biblioteca escolar do cole de Mosteiro, desexamosvos un bo inicio lector

Benvidos

Aquí temos o blog da biblioteca escolar do noso cole, onde iremos colocando as últimas novidades