Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2014
Dende a biblioteca do Mosteiro, vos desexamos un BO NADAL e BOAS LECTURAS.
O pasado martes tivemos o placer de escoitar un conto de Nadal da man de Cristina. Vos deixamos unhas fotos da sesión. MOITAS GRAZAS CRISTINA.

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE NADAL

Vos deixamos as recomendación lectoras para o nadal. Non esquezades poñer na vosa carta algúns destes títulos.

DÍA INTERNACIONAL DO NENO

O día 20 de novembro celébrase o Día Internacional do Neno , un día dedicado a todos os nenos e nenas do mundo. O obxectivo deste día é recordar que os nenos son o colectivo máis vulnerable e que teñen dereitos: á saúde, á educación, á protección, independentemente do lugar do mundo no que naceran. Dedicar un día á infancia tamén serve para facer un chamamento mundial sobre as necesidades dos máis pequenos e para recoñecer o labor das persoas que cada día traballan para que os nenos e nenas teñan un futuro mellor. Desde o Mosteiro queremos unirnos a esta celebración con algúns poemas dos nosos alumnos/as:  Os nenos                                                             Os dereitos dos nenos Todos os nenos                                                                 Non importa a cor temos dereito                                                                    senón o que son. a unha serie de normas,                                               

DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR

O 24 de outubro é unha data sinalada no calendario de todas as bibliotecas: desde os anos 90 celébrase o DÍA DA BIBLIOTECA, a instancias da Asociación Española de Amigos del Libro Infantil, e en recoñecemento ao labor que exercen a prol da lectura, da educación e da cultura. No Mosteiro, coma todos os anos, Pillarratos preparouse para celebrar o seu día con todos os nenos e nenas do Mosteiro. Para elo, argallou unhas actividades nas que podamos participar todos, coma o concurso de carteis... Proximamente vos contaremos como foi todo. Estade atentos e atentas!!

DÍA MUNDIAL DOS PROFESORES!

                 Co gallo da celebración do “Día Mundial dos Profesores”, dende a biblioteca queremos celebralo cun poema da Madre Teresa de Calcuta que é un canto a esta profesión.         Adicado a todos os mestres e mestras do mundo.         Grazas polo voso traballo! “Enseñarás a volar, pero no volarán tu vuelo. Enseñarás a soñar, pero no soñarán tu sueño. Enseñarás a vivir, pero no vivirán tu vida. Pero sabrás que cada vez que ellos vuelen, piensen, sueñen, canten, vivan... estará la semilla del camino enseñado y aprendido.”

COMEZAMOS UN NOVO CURSO NA BIBLIOTECA DE MOSTEIRO!

Todos estamos cheos de ilusión por comezar a lectura dun novo libro, dunha revista, dun cómic... Pillarratos estanos a esperar na biblioteca!

ÚLTIMAS NOVAS

Antes de rematar, polo de agora, informarvos que o próximo curso seguiremos co Plambe, proxecto de mellora de bibliotecas escolares, no que estamos inmersos dende fai un ano.  Mirade como está de bonita a biblioteca grazas a participación nel: temos novos armarios e carteis!!  SO FALTA ENCHELOS!! 

CONTACONTOS

Un ano máis, Cristina, nai de dous alumnos do colexio, brindouse a vir pola tarde a contarnos, aos nenos e nenas de Ed. Infantil, do 1º ciclo de primaria e aos seus acompañantes, un bonito conto.  Despois, fixemos un precioso peixe. 

O DÍA DO LIBRO. 23 DE ABRIL. LECTURA COMPARTIDA

O 23 de abril os nenos e nenas maiores do colexio leron aos máis pequenos.  Aproveitando o bo tempo, fixémolo no patio.  O 24 de abril , foron os pequenos os que leron aos maiores.  Pero esta vez, nas aulas. 

O DÍA DO LIBRO

En abril chegou o noso día: O DÍA DO LIBRO . Este ano celebrámolo coa participación de toda a comunidade educativa:  "LER EN FAMILIA" Este foi o motivo para facer unha bonita exposición de libros e manualidades con protagonistas, temática ou lugares relacionados co mar.  Grazas a todos pola vosa participación e colaboración!  Tamén fixemos anuncios do noso libro favorito para que os nosos compañeiros e compañeiras puidesen coñecelos. Mirade algúns exemplos...

DÍA DA POESÍA. 21 DE MARZO

    Durante algunhas sesións traballamos este xénero literario. Para rematar o noso traballo fixemos bonitos caligramas .  Máis especies mariñas? Si.  Este ano o noso proxecto estelar é “O caladoiro da convivencia” e todo xira arredor do MAR.