Ir al contenido principal

Entradas

Anxo Iglesias no Mosteiro

 Ola mosteiriñas e mosteiriños! O outro día tivemos a gran sorte de recibir ao escritor Anxo Iglesias no cole. Os rapaces de 5º e de 6º estabamos super contentos de poder coñecer ao autor dos libros que lemos na clase.   Entre todos, lemos un anaquiño do seu libro de poemas, e a continuación Anxo ensinounos que hai moitísimas formas de desfrutar da poesía. Non se trata só de ler unhas páxinas con rimas, senón de vivir a poesía con emoción e interpretar as palabras de diferentes maneiras. Xa vedes que o pasamos de marabilla! Esperamos con ganas que volvas, Anxo!
Entradas recientes

Descubrindo os nosos bosques

 Ola mosteiriños e mosteiriñas! O outro día os alumnos de 3º e 4º desfrutamos dunha actividade de educación medioambiental, da man da Cooperativa Miudiño, na que aprendemos un montón sobre os bosques de Galicia. Para comezar, o contacontos fíxonos descubrir as fragas galegas cunha historia sorprendente. E logo, que se fai coa madeira das fragas? Pois os amigos de Miudiño tiñan unha resposta: xogos! Aprendimos que, antigamente, moitos xoguetes estaban feitos con madeira, pois non había tanto plástico. E tivemos a sorte de poder probar algúns deses xogos tradicionais. Pasámolo pipa!

Contacontos marítimo!

Ola mosteiriñas e mosteiriños! Hoxe queríamos compartir con vós esta actividade chulísima que fixeron as clases de 1º e de 2º. Unha rapaza do equipo de Vigo Pesqueiro viu a contarnos unha historia moi chula con animais mariños como protas. Desfrutamos un montón coñecendo á raia Shu e a Fermín o boi de mar! Ao rematar a historia, tivemos un taller de papiroflexia e recreamos a unha das personaxes do conto: Branca a balea. Por suposto, cada balea era personalizada, con nomes e cores diferentes. Pasámolo xenial!

Recomendacións para o Nadal

Ola mosteiriñas e mosteiriños! As vacacións do Nadal están a punto de chegar, e con elas os regalos máis desexados. Por suposto, entre todos os paquetes, non pode faltar un bo libro para devorar durante as vacacións! Por iso traémosvos hoxe... Tamén incluímos algún xogo! Imos comezar por infantil:      -  "¡Shhh!", de Chris Haughton. Unha pequena aventura de desastrosos plans.           - "La Ovejita que vino a cenar", de Steve Smallman. Un libro cunha peculiar amizade.            - "Isto non é unha selva", de Susanna Isern. A historia dunha nena que aprendeu a dicir que non .         - Xogo Zooloco. Para aprender as cores e as formas mentres o pasamos pipa! Para o 1º ciclo:             - "Mía Fantasía", de Elisenda Roca. Coñece a unha divertida bruxa e aos seus veciños demasiado normais.             - "El Dragón d...

Samaín cinéfilo

  Como todos os anos, chega a tempada dos sustos! Este Samaín, os mosteiriños e as mosteiriñas disfrazáronse de críticos de cine. Qué medo! Todo o mundo puido gozar dunha película na biblioteca. Os máis pequenos riron a gargalladas co Conde Drácula en  Hotel Transilvania . Pola súa parte, os maiores marabilláronse coa animación de Tim Burton en  Pesadilla antes de Navidad . Desexámosvos un terrorífico Samaín!

Día Internacional das Bibliotecas

Ola mosteiriñas e mosteiriños! O outro día celebramos o Día Internacional das Bibliotecas, e os nenos e nenas de 6º representaron un conto para o resto dos cursos. Os maiores prepararon tamén un bingo para xogar despois da representación, a ver se todo o mundo estivo atento.  Pasámolo xenial!