Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de abril, 2018

PILLARRATOS CONECTA DE NOVO

Ola amigas e amigos!  Estamos xa en abril, e como di o refrán: marzo ventoso e abril chuvioso, deixan a maio florido e fermoso . Así que xa sabedes, o mes de maio este ano vai ser espectacular . Fixen desconexión tecnolóxica no pasado mes de marzo. Aproveitei para matinar novas ideas e actividades xunto co equipo de biblio de profes e a comisión de alumnas e alumnos voluntarias e voluntarios. Dar as grazas antes de nada a Gema, Marcos, Miguel Dueñas e Paula Alonso. Ademáis de Carlota, Raúl, Uxía e Viri.   Novamente dar a benvida a André, Claudia, Diego e Miguel Alonso. Non esquecendo a Andrea, Brais, Carla G., e Marina. Non paramos... Lembrades a miña recomendación duns versos e a data do 24 de febreiro? Pois si, tédelo adiviñado! Os versos pertencen o poema Alborada de Rosalía de Castro , e o 24 de febreiro é a data do seu nacemento. De seguir viva, esta ano tería cumprido 181 anos. Grazas a profesora Raquel, de Infantil de 3 anos, puidemos coñece