Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2014

DÍA INTERNACIONAL DO NENO

O día 20 de novembro celébrase o Día Internacional do Neno , un día dedicado a todos os nenos e nenas do mundo. O obxectivo deste día é recordar que os nenos son o colectivo máis vulnerable e que teñen dereitos: á saúde, á educación, á protección, independentemente do lugar do mundo no que naceran. Dedicar un día á infancia tamén serve para facer un chamamento mundial sobre as necesidades dos máis pequenos e para recoñecer o labor das persoas que cada día traballan para que os nenos e nenas teñan un futuro mellor. Desde o Mosteiro queremos unirnos a esta celebración con algúns poemas dos nosos alumnos/as:  Os nenos                                                             Os dereitos dos nenos Todos os nenos                                                                 Non importa a cor temos dereito                                                                    senón o que son. a unha serie de normas,                                               

DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR

O 24 de outubro é unha data sinalada no calendario de todas as bibliotecas: desde os anos 90 celébrase o DÍA DA BIBLIOTECA, a instancias da Asociación Española de Amigos del Libro Infantil, e en recoñecemento ao labor que exercen a prol da lectura, da educación e da cultura. No Mosteiro, coma todos os anos, Pillarratos preparouse para celebrar o seu día con todos os nenos e nenas do Mosteiro. Para elo, argallou unhas actividades nas que podamos participar todos, coma o concurso de carteis... Proximamente vos contaremos como foi todo. Estade atentos e atentas!!