Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2017

PILLARRATOS CÓNTANOS EN NOVEMBRO...

Ola amigas e amigos! Xa estamos xuntos de novo!   SAMAÍN A celebración do Samaín trouxo o fin de outubro. O equipo de biblio engalanouna para a ocasión e eu disfraceime tamén. A ver se me atopades nalgunha fotografía, estou moi agochado... Que susto levei ao mirar as arañeiras e as cabaciñas terroríficas!!! Grazas ás visitas das amigas e amigos de educación infantil e de primaria, o medo desapareceu!! E, sabedes? Puiden pasalo "de medo" coa lectura de dous libros de bruxiñas que atopei no recuncho de Producións propias  da biblioteca. Novos colaboradores... Veu novembro e a choiva, por fin, deixouse sentir!  Co cambio de mes moitas cousas mudaron, coma os colaboradores de 6º curso. Moitas grazas aos que tanto axudaron en outubro e benvidos  aos novos: André, Andrea e Brais. Tamén Carla G., Claudia e Diego. E non esquezo a  Marina e Miguel A.  Mes da ciencia e