Non sabemos o que aconteceu, pola mañá cando chegamos o colexio, a zona da biblioteca estaba chea de globos e sonaba a música de cumpleanos feliz. Que acontece? , Quen encheu a entrada de globos?, Quen está de aniversario? Pronto decatámonos de que era o día do libro, a gran festa do libro. Este curso non nos tocou degustar unha tarta de chuches como o curso pasado pero na hora do recreo cada neno/a tivemos que coller un globo e saír o patio. Xa no patio cantamos "cumpleanos feliz". O noso amigo o libro estaba de festa, logo explotamos os globos. Que foi o que aconteceu? MAXIA!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! Dentro dos globos atopábanse serpentinas e os poemas que estiveramos inventando nas sesións de biblioteca. Quen meteu os poemas nos globos?, Quen inflou tantos globos? Serían fadas, Pillarratos, os ratos da biblioteca, uns trasnos máxicos... Nunca saberemos o que aconteceu, sempre será un