Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2012
Este ano co gaio do día das bibliotecas escolares convocouse no centro un concurso "DECORA A TÚA BIBLIOTECA DE AULA" A verdade é que todos traballaron moito moito... Aquí tedes o resultado. Moitos parabéns a todos polo traballo realizado. AULA INFANTIL 3 ANOS AULA INFANTIL 4 ANOS AULA INFANTIL 5 ANOS A AULA INFANTIL 5 ANOS B 1º PRIMARIA 2º PRIMARIA 3º A PRIMARIA 3º B PRIMARIA 4º PRIMARIA 5º PRIMARIA 6º A PRIMARIA 6ºB PRIMARIA AULA DE RELIXIÓN AULA DE MÚSICA AULA DE AUDICIÓN E LINGUAXE
Ola: Que ledos estamos co gaio do día das bibliotecas escolares! Estes días hai moito rebumbio pola escola...pillarratos, lemas sobre lecturas, libros, revistas,decoracións de biblios... Está en plena marcha a convocatoria de decoracións de bibliotecas de aulas. Xa quedan poucos días, así que......moita sorte a todos os participantes!

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O vindeiro 24 de outubro celebraremos o día das bibliotecas escolares. A consellería de educación edita un cartaz para esta celebración  "BIBLIOTECA ESCOLAR, ACELERADORA DE INNOVACIÓN"

NOVAS ACTIVIDADES NA BIBLIOTECA.

Ola a todos!!! Neste mes de setembro tivemos moita actividade no colexio...polo que este blog estivo paralizado, pero...eiquí estamos de novo coas actividades da biblioteca. Comezamos con moita ilusión posto que nos foi concedido o PLAMBE (plan de mellora de bibliotecas escolares de Galicia). Vos deixamos o enlace: http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/ Este curso teremos moitas novidades.  Tódolos cursos pasaron xa pola biblioteca e, como cada inicio de curso, comezamos con  formación de usuarios: Normas de uso da biblioteca. Espazos da biblioteca Partes do libro. CDU, clasificación. Préstamo de libro. Uso do novo carnet. etc.... Xa vos iremos contando...... Un bico grande a todos, BENVIDOS A NOSA BIBLIOTECA!!!!!!!!!!!!!!!!!