Ir al contenido principal

Día das Bibliotecas Escolares 2023

 Ola a todas e a todos!

Este curso 2023-2024 comeza cargado de novidades! Como xa sabedes, o 23 de outubro é o día das Bibliotecas Escolares. Ademais, esa data coincide có primeiro aniversario da nosa biblio!

Para celebrar este día tan importante,  ao longo de toda a semana as nenas e nenos do Mosteiro visitaron a biblioteca e fixeron actividades moi divertidas para coñecela mellor. 

Esta semana serviu tamén para inaugurar a biblioteca, así como un montón de propostas: o club de lectura, de lettering e moitas outras iniciativas que pensamos que esperemos que vos gusten e que participedes.

Pero estas non son as únicas novidades que temos. Estes días estamos a celebrar o Magosto e o Sanmaín. Estas dúas festas xuntas forman o nome de MAGOSTÍN!!! Proximamente teredes máis novas sobre o Magostín...

Unha aperta. Vémonos pronto!


Entradas populares de este blog

DÍA DO LIBRO 2020

O día  23 de abril celébrase en todo o mundo o   DÍA INTERNACIONAL do LIBRO. A orixe desta celebración remóntase a 1926. O  23 de abril  de 1616 finaban   Cervantes , Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega . ... En 1995 o día do libro  convértese nunha FESTA MUNDIAL. Este ano que tanto temos que QUEDAR NA CASA os libros axúdannos a pasar moitos ratos entretidos, a soñar, a viaxar e a imaxinar moitas cousas.                                                                                           TER UN LIBRO É TER UN AMIGO MIGUEL DE CERVANTES      ( Miguel de  Cervantes ...

Un poema e unha flor

 Para celebrar o día do libro, o 23 de abril realizamos un recitado de poemas creados polas nenas e nenos do cole e intercambiamos unha flor.

Arranca o Cine Mosteiro!

Ola a todas e a todos! Neste segundo trimestre arrancamos dunha vez por todas có cine na biblioteca.  O Cine Mosteiro está a ser un éxito! O alumnado está a tope có Cine Mosteiro e esgota as entradas cada xoves. Pero... tranquilidade! Ningúen se queda sen acudir ao cine. As sesións repítense ata que todas as nenas e os nenos que o desexen poidan asistir. Se non puideches asistir a unha sesión de cine, non tes que preocuparte. A sesión repítese o xoves seguinte para as nenas e os nenos que non puideron acudir a primeira vez. Polo de agora, xa visualizamos "Los Green en la gran ciudad" e "Flipante Noa". Encantáronnos os capítulos!  Unha aperta moi grande. Vémonos pronto con moitas máis novidades!