Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2022
  ¡Ola a todos e a todas! O equipo de voluntarias de 6º filmou unhas tomas de video para amosar algúns dos recursos que temos na biblio e que están dirixidos ao alumnado de educación infantil e do primeiro ciclo de E.P.          Con estas recomendacións lectoras, tamén queren botarlle unha man a Papá Noël e aos Reis Magos no caso de que precisen algunha axudiña para decantarse e acertar cun libro ou xogo de mesa para estas idades. ¡Felices festas!

¡Ola, mosteiriños e mosteiriñas!

                            ¡ Equipo de voluntarias de 6º de Educación Primaria ao teclado!  Arrancamos este curso escolar 2022/2023 con moitísimas novidades, entre elas estreamos novo espazo de biblioteca.    ¡Encántanos! Moito máis luminoso e diáfano.   Estamos colocando novos contos, organizando os libros e identificando estes cos pictogramas.   Fixemos un concurso para decidir a nova mascota, participamos nun xogo de escape room para conmemorar o día das bibliotecas escolares, e moitas outras cousas.   ¡Pronto publicaremos un vídeo de recomendacións lectoras que estamos a preparar!   Invitámosvos a participar nas propostas e iniciativas que emerxen dende a biblio para seguir medrando e creando escola!   Unha aperta   Equipo de voluntarias de 6º de Educación Primaria

DÍA DA POESÍA

 Para celebrar o día da poesía os nosos alumnos e alumnas realizaron distintas actividades con poemas,  e na aula de música traballaron co profe Adrián para porlles música.  Con esta actividades os nosos nenos e nenas traballaron a expresión oral  en lingua galega e castelá a través dun proxecto interdisciplinar das áreas de lingua e educación artística. 

OBRADOIRO DE APPS. ADOBE SPARK VIDEO

 Esta semana estamos a traballar ca app ADOBE SPARK VIDEO. É unha app só para IOS e con  ela podemos crear todo tipo de vídeos educativos e ata tutoriais. Compartimos en primeiro lugar o traballo dos alumnos e alumnas de 3º de primaria. 

OBRADOIROS DE APPS - TINYTAP

 Este mes temos unha maleta con Ipads de prestamo do Cfr de Vigo e dende biblioteca organizamos uns obradoiros de apps para que os nosos alumnos e as nosas alumnas aprendan como crear contidos educativos dende dispositivos móviles.  A primeira app que probaron foi TinyTap, unha app ca que poden crear os seus propios xogos a través de contidos que traballan na aula.  Os nenos e nenas de 6º de primaria aproveitaron os obradoiros para facer xogos de spelling en inglés.