Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2019

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES EN INFANTIL

Os nenos e nenas de Infantil festexamos o Día Internacional das Bibliotecas escolares dun xeito un pouco particular. Invitamos aos nosos mellores amigos, os nosos peluches, a pasar unha noite na biblio de cole. FESTA DE PIXAMAS DE PELUCHES!! Pillarratos e as mestras ensináronlles todos os segredos da biblio, todos os libros que contén, coontáronlle moitos contos, déronlles de cear, fixeron unha sesión de cine, e despois... todos xuntiños a durmir! Ao día seguinte os nosos peluches entregáronnos unha carta con moitísimas fotos das súas aventuras na biblio. Unha experiencia xenial para animar aos nosos peques a visitar a biblio do cole. Aquí vos deixamos algunhas fotiños.

DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Co motivo do Día Internacional das Bibliotecas Escolares e do Cambio Climático tivemos a visita da Bióloga Dª Elena Benito que nos falou da importancia do cuidado do solo para a vida do noso planeta. E ao principio da mañá, na biblioteca fíxose a entrega aos nenos de Infantil, 1º e 2º Primaria do marcapáxinas gañador do último concurso da Muller Traballadora. Aquí os deixamos as algunhas fotografías da charla.