Ola mosteiriños e mosteiriñas! O outro día os alumnos de 3º e 4º desfrutamos dunha actividade de educación medioambiental, da man da Cooperativa Miudiño, na que aprendemos un montón sobre os bosques de Galicia. Para comezar, o contacontos fíxonos descubrir as fragas galegas cunha historia sorprendente. E logo, que se fai coa madeira das fragas? Pois os amigos de Miudiño tiñan unha resposta: xogos! Aprendimos que, antigamente, moitos xoguetes estaban feitos con madeira, pois non había tanto plástico. E tivemos a sorte de poder probar algúns deses xogos tradicionais. Pasámolo pipa!
Blog da biblioteca escolar do CEIP MOSTEIRO BEMBRIVE