Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2011

CONTACONTOS NADAL

O pasado mércores disfrutamos un montón ca nai de Quique, que nos deleitou cun fabuloso conto de nadal, vos deixamos unhas imaxes para que vos fagades unha idea. Todos, grandes e pequenos,  disfrutamos un montón. Moitas gracias a todos por asistir.

EXPOSICIÓN DE MEDO

Unha exposición terrorífica.

SAMAÍN

Vos deixamos as fotos das terroríficas cabazas. Pasamos uns momentos magníficos disfrutando moito do encendido das cabazas. Moitas gracias pola vosa colaboración.

SAMAÍN

Na nosa biblioteca temos unha exposición terrorífica, chea de bruxas, fantasmas, mounstros....pronto vos deixaremos as fotos. Estamos traballando sobre o medo, os alumnos de primaria leen relatos de fantasmas: E os nenos de infantil disfrutan co conto corre corre cabaciña:

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Hoxe, 24 de outubro, celebramos o día das bibliotecas escolares. Tivemos un día intenso, con moita actividade, pola mañá  fixemos entrega dos premios do concurso literario e pola tarde disfrutamos dunha estupenda sesión de contacontos. Antes do  recreo achegáronse a biblioteca os nenos/as de infantil e 1º ciclo de EP, participantes na modalidade de debuxo. Estes foron os gañadores Despois do recreo achegáronse a biblioteca o alumnado de 2º e 3º ciclo de EP, participantes na modalidade de narrativa. Estes foron os gañadores Pola tarde, pequenos e maiores disfrutamos dun estupendo conto sobre piratas. Logo  coa axuda dos papás, mamás, avós e avoas fixemos un marcapáxinas pirata e unha bosla do tesouro, cunhas moedas sabrosísimas e deliciosas. MOITAS GRACIAS A TODOS/AS POLA VOSA PARTICIPACIÓN.

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O vindeiro 24 de outubro celebramos o Día da biblioteca escolar, aquí deixamos o cartaz editado pola Consellería de Educación realizado por unha autoar galega,  Emma Ríos , ilustradora do mundo do cómic. + información sobre EMMA RÍOS no portal Banda Deseñada, do Consello da Cultura Galega. +  Emma Ríos na Wikipedia Recordade que o vindeiro luns pola mañá faremos entrega dos premios do noso concurso literario e pola tarde estades convidados, cos vosos pais/nais, a visitar a nosa biblioteca. Teremos unha estupenda sesión de contacontos.

ARTE NA BIBLIOTECA

A pasada semana disfrutamos dunha exposición de arte na biblioteca, visitounos o artista Mingos Teixeira e a concelleira   de educación, Raquel Díaz.
A semana pasada todos visitamos a biblioteca para ver as novidades, repasar normas, lembrar o sistema de empréstito.....formación de usuario para alumnos e mestres. Aquí vos deixamos o díptico para que recordedes algunhas pequenas cousiñas: Open publication - Free publishing - More news

COMEZAMOS NOVO CURSO

Iniciamos un novo curso con moitas ilusións, novidades e ganas de pasalo ben na nosa bibloteca. A partir da vindeira semana comezaremos esta nova andaina ca vosa compaña. Comezaremos vendo algunhas novidades, recordando un pouquiño as normas, utilidades, organización… da nosa biblioteca, un pouco de formación de usuarios para nenos, pais/nais e profes. Tedes que traer... moitas ganas de ler e de pasalo ben.

FELICES VACACIÓNS

O curso remata e con el as nosas actividades. O pasado ano a biblioteca iniciou unha nova andaina que afianzouse  o longo deste ano. Dende o noso blogue queremos desexarvos unhas relaxantes vacacións, animarvos a coller un libro que vos traslade a un mundo de fantasía e ilusión e agradecer as numerosas visitas recibidas e o voso apoio. Este vídeo é unha mostra dalgunhas das nosas actividades durante estes dous anos. FELICES VACACIÓNS E ATA O VINDEIRO CURSO!!

FIXEMOS TEATRO

No terceiro trimestre fixemos teatro na biblioteca, dramatizamos diferentes emocións, accións,  persoaxes... E como colofón final disfrutamos moito dramatizando o conto clásico " Os sete cabritiños". Con esta última actividade a biblioteca deixanos moi bo sabor de boca....

MONCHO E MANCHA

AQUÍ VOS DEIXAMOS O NOSO RESULTADO DE MONCHO E A MANCHA