Ir al contenido principal

PILLARRATOS VEN CHEO DE BOS DESEXOS...

 

Ola amigas e amigos!   Xuntos de novo!

O frío fixo aparición e xa deixamos atrás o mes de novembro.

BENVIDA ÁS NOVAS E AOS NOVOS COLABORADORES

Dixen ata logo e moitas grazas aos colaboradores de 6º que tanto me axudaron e dou a benvida a Aarón, Candela e Carla C. Tamén a Chon, Elías e Gema. Ademais de María, Marcos, Miguel D. e Paula A.  Espero non esquecer a ninguén!!!


CONTOS EN FAMILIA

Cantas amigas e cantos amigos me visitaron xunto cos seus pais e coas súas nais!!













Pasámolo estupendamente e fixemos cousas xeniais e divertidas coas nosas mans!



REMATAMOS O MES DA CIENCIA EN FEMININO


A verdade é que que foron uns trinta días moi entretidos e ... científicos. Lembrades que tiñamos o firmamento cheo de estrelas da ciencia galega?

O equipo da biblioteca máis eu queremos agradecer desde aquí a labor, o traballo e o esforzo das mulleres científicas galegas de todos os tempos.
Velaquí unha pequena lembranza da primeira enfermeira da historia en misión internacional: dona Isabel Zendal Gómez, galega nacida en Agrela que vivíu a finais do século XVIII.

E por si alguén de vós aínda pensa que a ciencia non é interesante, botade unha ollada ao seguinte enlace:

ÁRBORES DOS BOS DESEXOS


Xa, para rematar, gustaríame pedirvos axuda para encher árbores de bos desexos e facer, no mes de decembro na biblioteca, o BOSQUE DAS ÁRBORES DOS BOS DESEXOS.  

As miñas amigas e os meus amigos de 1º e 2º de primaria xa me botaron unha man... agora faltas ti!
Pregúntalle á túa titora ou ao teu titor e anímate a DESEXAR...   








ATA A VISTA!!!


Entradas populares de este blog

DÍA DO LIBRO 2020

O día  23 de abril celébrase en todo o mundo o   DÍA INTERNACIONAL do LIBRO. A orixe desta celebración remóntase a 1926. O  23 de abril  de 1616 finaban   Cervantes , Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega . ... En 1995 o día do libro  convértese nunha FESTA MUNDIAL. Este ano que tanto temos que QUEDAR NA CASA os libros axúdannos a pasar moitos ratos entretidos, a soñar, a viaxar e a imaxinar moitas cousas.                                                                                           TER UN LIBRO É TER UN AMIGO MIGUEL DE CERVANTES      ( Miguel de  Cervantes ...

Un poema e unha flor

 Para celebrar o día do libro, o 23 de abril realizamos un recitado de poemas creados polas nenas e nenos do cole e intercambiamos unha flor.