Ir al contenido principal

AS VISITA DOS AVÓS (3º DÍA)

Hoxe na biblioteca seguimos cas visitas dos avós e avoas.

Hoxe tocoulle o turno a 6º,1º de primaria e infantil de 3 anos. Os alumnos de 6º e 1º de primaria, disfrutaron da compaña de José e Margarita. José foi o avó máis veterano que nos visitou, 90 anos levados con moita vitalidade  e Margarita ensinounos varios trabalinguas.....unha maravilla.


 Os mais cativos do cole disfrutaron co avó Tito e María. Tito contounos un conto con marionetas e nos falou da importancia do xogo de xadrez. María acompañounos a cociña do colexio para elaborar unhas ricas tortiñas con chocolate e fresa.


De todos eles aprendemos un montón de cousas e lles fixemos ás nosas entrevistas. 
Moitas gracias pola vosa visita. Mañá xoves...máis...