Ir al contenido principal

AS VISITAS DOS AVÓS (4º DÍA)

Cada día somos máis os grupos de alumnos que disfrutamos da compaña dos avós e incluso algún grupo repite. Os máis cativos do cole, infantil 3 anos, repetiron sesión, a avoa Queta ensinoulles o proceso da lá, dende que se rapa a ovella hata que se fai a bufanda, logo o avó Luis contoulles historias da súa infancia.


Despois tocoulle o turno a 4º de primaria, tiveron a visita de Rula e Manolo, dous avós que contaron historias relacionadas ca súa vida de novos, mostraron fotos relacionadas co circo, co comic...da súa época, tamén trouxeron un periódico ca foto da súa voda....unha parexa ben interesante.


Vos damos ás gracias por participar nesta actividade, compartindo con nós temas tan interesantes, e axudándonos a entender unha época ben distinta a de hoxe. A todos moitas gracias. Mañá venres...mais...

Entradas populares de este blog

DÍA DO LIBRO 2020

O día  23 de abril celébrase en todo o mundo o   DÍA INTERNACIONAL do LIBRO. A orixe desta celebración remóntase a 1926. O  23 de abril  de 1616 finaban   Cervantes , Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega . ... En 1995 o día do libro  convértese nunha FESTA MUNDIAL. Este ano que tanto temos que QUEDAR NA CASA os libros axúdannos a pasar moitos ratos entretidos, a soñar, a viaxar e a imaxinar moitas cousas.                                                                                           TER UN LIBRO É TER UN AMIGO MIGUEL DE CERVANTES      ( Miguel de  Cervantes ...

Un poema e unha flor

 Para celebrar o día do libro, o 23 de abril realizamos un recitado de poemas creados polas nenas e nenos do cole e intercambiamos unha flor.