Ir al contenido principal

Entradas

DÍA DA POESÍA

 Para celebrar o día da poesía os nosos alumnos e alumnas realizaron distintas actividades con poemas,  e na aula de música traballaron co profe Adrián para porlles música.  Con esta actividades os nosos nenos e nenas traballaron a expresión oral  en lingua galega e castelá a través dun proxecto interdisciplinar das áreas de lingua e educación artística. 

OBRADOIRO DE APPS. ADOBE SPARK VIDEO

 Esta semana estamos a traballar ca app ADOBE SPARK VIDEO. É unha app só para IOS e con  ela podemos crear todo tipo de vídeos educativos e ata tutoriais. Compartimos en primeiro lugar o traballo dos alumnos e alumnas de 3º de primaria. 

OBRADOIROS DE APPS - TINYTAP

 Este mes temos unha maleta con Ipads de prestamo do Cfr de Vigo e dende biblioteca organizamos uns obradoiros de apps para que os nosos alumnos e as nosas alumnas aprendan como crear contidos educativos dende dispositivos móviles.  A primeira app que probaron foi TinyTap, unha app ca que poden crear os seus propios xogos a través de contidos que traballan na aula.  Os nenos e nenas de 6º de primaria aproveitaron os obradoiros para facer xogos de spelling en inglés. 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

 Hoxe comezamos a nosa nova seción de recomendacións lectoras. Os nenos e nenas do cole poden recomendar calquera libro que lean ós seus compañeiros. So teñen que vir á biblioteca cun compañeiro e o libro que queren editar. O compañeiro gravara a recomendación e xuntos editaran o vídeo e listo.... Esperamos que o disfrutedes De seguido engadimos un repositorio con enlaces ás listas de reprodución das recomendacións organizadas por curso.   

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 2021

 O día 22 de outubro celebramos o día das bibliotecas escolares no noso cole.  Os alumnas e alumnos do cole fixeron diferentes actividades para conmemoralo.  Os chicos e chicas de 3º, 5º e  6º  de educación primaria escribiron e ilustraron microrrelatos relacionados cas súas experiencas co Covid e os comparten con todos a continuación.           Os alumnos e alumnas de 1º compartiron cos seus compañeiros as súas lecturas favoritas como podemos  ver neste vídeo.  Os alumnos e alumnas de 6º de primaria baixaron a contar contos na clase da profe Marga.