Ir al contenido principal

Anxo Iglesias no Mosteiro

 Ola mosteiriñas e mosteiriños! O outro día tivemos a gran sorte de recibir ao escritor Anxo Iglesias no cole. Os rapaces de 5º e de 6º estabamos super contentos de poder coñecer ao autor dos libros que lemos na clase. 





 Entre todos, lemos un anaquiño do seu libro de poemas, e a continuación Anxo ensinounos que hai moitísimas formas de desfrutar da poesía. Non se trata só de ler unhas páxinas con rimas, senón de vivir a poesía con emoción e interpretar as palabras de diferentes maneiras. Xa vedes que o pasamos de marabilla! Esperamos con ganas que volvas, Anxo!




Entradas populares de este blog

DÍA DO LIBRO 2020

O día  23 de abril celébrase en todo o mundo o   DÍA INTERNACIONAL do LIBRO. A orixe desta celebración remóntase a 1926. O  23 de abril  de 1616 finaban   Cervantes , Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega . ... En 1995 o día do libro  convértese nunha FESTA MUNDIAL. Este ano que tanto temos que QUEDAR NA CASA os libros axúdannos a pasar moitos ratos entretidos, a soñar, a viaxar e a imaxinar moitas cousas.                                                                                           TER UN LIBRO É TER UN AMIGO MIGUEL DE CERVANTES      ( Miguel de  Cervantes ...

SAMAÍN

Na nosa biblioteca temos unha exposición terrorífica, chea de bruxas, fantasmas, mounstros....pronto vos deixaremos as fotos. Estamos traballando sobre o medo, os alumnos de primaria leen relatos de fantasmas: E os nenos de infantil disfrutan co conto corre corre cabaciña: