Ir al contenido principal

Recomendacións para o Nadal

Ola mosteiriñas e mosteiriños! As vacacións do Nadal están a punto de chegar, e con elas os regalos máis desexados. Por suposto, entre todos os paquetes, non pode faltar un bo libro para devorar durante as vacacións! Por iso traémosvos hoxe...

Tamén incluímos algún xogo!

Imos comezar por infantil:

    "¡Shhh!", de Chris Haughton. Unha pequena aventura de desastrosos plans.
        - "La Ovejita que vino a cenar", de Steve Smallman. Un libro cunha peculiar amizade.
        - "Isto non é unha selva", de Susanna Isern. A historia dunha nena que aprendeu a dicir que non.
        - Xogo Zooloco. Para aprender as cores e as formas mentres o pasamos pipa!

Para o 1º ciclo:

         - "Mía Fantasía", de Elisenda Roca. Coñece a unha divertida bruxa e aos seus veciños demasiado normais.
         - "El Dragón de las Letras", de Begoña Oro. Para os primeiros lectores que queren descubrir a maxia dos libros a través dun dragón escupe-letras.
         - "O lobo con botas", de El Hematocrítico. Dálle unha volta a esas historias que todos coñecemos.
        - Xogo Palabrea. Atopa unha palabra que corresponda coa letra da tarxeta. A mente máis rápida gañará!

No 2º ciclo:

              - "Ilumianatomía", de Kate Davies. Descubre todos os segredos do corpo humano.
         - "Aprende banda deseñada con Fiz", de Kiko da Silva. Convértete nun maestro do cómic coa compañía de Fiz, o neno máis porco do mundo.
         - "Los Cazamisterios", de Patricia García-Rojo. Vive unha aventura extravagante con estes tres rapaces e desentraña o misterio...
         - Xogo Duplik. ¿Non sabes debuxar? Non te preocupes, que neste xogo podes gañar igualmente. O artista que máis condicións cumpla gaña!

E para finalizar, o 3º ciclo:

         - "Cuatro Lunas", de Laura Gallego. Unha serie de libros fantásticos, cheos de aventuras e maxia.
         - "Perro verde", de Alberto Díaz e Álvaro Núñez. Unha disparatada aventura cun protagonista co pelo de cor... verde!?
         - "A lagoa das nenas mudas", de Fina Casalderrey. A historia de Amina, unha nena que chega doutro país e que atopa a forma de comunicarse coa súa nova amiga sen palabras.
         - Xogo Gua Ta Family. Preparádevos para facer que todo o mundo (papás e mamás incluídas) respondan a preguntas enrevesadas no menor tempo posible. O resultado é para morrer da risa!



Ata aquí as nosas recomendacións. Esperamos que algunha delas apareza baixo a árbore de Nadal! Felices festas!!!
 

Entradas populares de este blog

DÍA DO LIBRO 2020

O día  23 de abril celébrase en todo o mundo o   DÍA INTERNACIONAL do LIBRO. A orixe desta celebración remóntase a 1926. O  23 de abril  de 1616 finaban   Cervantes , Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega . ... En 1995 o día do libro  convértese nunha FESTA MUNDIAL. Este ano que tanto temos que QUEDAR NA CASA os libros axúdannos a pasar moitos ratos entretidos, a soñar, a viaxar e a imaxinar moitas cousas.                                                                                           TER UN LIBRO É TER UN AMIGO MIGUEL DE CERVANTES      ( Miguel de  Cervantes ...

Un poema e unha flor

 Para celebrar o día do libro, o 23 de abril realizamos un recitado de poemas creados polas nenas e nenos do cole e intercambiamos unha flor.

Arranca o Cine Mosteiro!

Ola a todas e a todos! Neste segundo trimestre arrancamos dunha vez por todas có cine na biblioteca.  O Cine Mosteiro está a ser un éxito! O alumnado está a tope có Cine Mosteiro e esgota as entradas cada xoves. Pero... tranquilidade! Ningúen se queda sen acudir ao cine. As sesións repítense ata que todas as nenas e os nenos que o desexen poidan asistir. Se non puideches asistir a unha sesión de cine, non tes que preocuparte. A sesión repítese o xoves seguinte para as nenas e os nenos que non puideron acudir a primeira vez. Polo de agora, xa visualizamos "Los Green en la gran ciudad" e "Flipante Noa". Encantáronnos os capítulos!  Unha aperta moi grande. Vémonos pronto con moitas máis novidades!