Ir al contenido principal

Día das Bibliotecas Escolares 2024

 Bos días a todas e a todas!

O xoves 24 de outubro foi o día internacional das Bibliotecas Escolares. Por iso, as nenas e nenos do Mosteiro-Bembrive acudiron ao longo de toda a semana pasada á inauguración neste curso da nosa biblioteca.

Este ano temos moitas novidades! En primeiro lugar, neste curso a nosa biblioteca está moi implicada na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da Axenda 2030. Polo tanto, cada grupo visualizou un vídeo acerca desta temática có obxectivo de comprender en que consisten. Ademais, descubrimos as caixiñas onde podemos atopar libros relacionados con cada un destes obxectivos.

Por outra banda, este ano seguimos contando con diversos clubes na biblioteca á hora do recreo. Ademais dos xa coñecidos clubes de lectura e de lettering, este ano contamos cun clube de xogos de mesa.

Agora xa estamos centrados na preparación do SAmaín. Este mércores estaredes todos invitados a visitar a nosa biblioteca do terror... Atrevédesvos?

Vémonos pronto con moitas máis novidades. Unha aperta! 










Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras

 

Magostín no Mosteiro

Ola mosteiriños e mosteiriñas! O venres pasado celebramos o Magostín, unha festa que xunta o Magosto có Sanmaín. Durante o Magostín, mergullámosnos na Mitoloxía Galega. Agora coñecemos os seus principais personaxes: os trasnos, os nubeiros e, como non, as meigas! Polo Magostín, as nenas e os nenos do Mosteiro experimentaron diferentes actividades na biblioteca. O alumnado de Educación Infantil e o de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria fixeron unha visita á biblioteca, onde realizaron unha actividade de contacontos coa presencia dunha meiga que fixo a experiencia moito máis terrorífica. Por outra parte, as nenas e nenos de 4º, 5º e 6º de Primaria foron descubrindo, por medio de pistas, algúns dos personaxes da Mitoloxía Galega. Esta actividade rematou tamén coa narración dun conto de Sanmaín. Agardamos que todas e todos o pasárades moi ben nesta viaxe de medo!!! Unha aperta moi grande.

Día das Bibliotecas Escolares 2023

 Ola a todas e a todos! Este curso 2023-2024 comeza cargado de novidades! Como xa sabedes, o 23 de outubro é o día das Bibliotecas Escolares. Ademais, esa data coincide có primeiro aniversario da nosa biblio! Para celebrar este día tan importante,  ao longo de toda a semana as nenas e nenos do Mosteiro visitaron a biblioteca e fixeron actividades moi divertidas para coñecela mellor.  Esta semana serviu tamén para inaugurar a biblioteca, así como un montón de propostas: o club de lectura, de lettering e moitas outras iniciativas que pensamos que esperemos que vos gusten e que participedes. Pero estas non son as únicas novidades que temos. Estes días estamos a celebrar o Magosto e o Sanmaín. Estas dúas festas xuntas forman o nome de MAGOSTÍN!!! Proximamente teredes máis novas sobre o Magostín... Unha aperta. Vémonos pronto!