Ir al contenido principal

Recitados a cegas

Preparámonos para o vindeiro día do libro recitando poemas entre ciclos.






Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras

 

Día das Bibliotecas Escolares 2023

 Ola a todas e a todos! Este curso 2023-2024 comeza cargado de novidades! Como xa sabedes, o 23 de outubro é o día das Bibliotecas Escolares. Ademais, esa data coincide có primeiro aniversario da nosa biblio! Para celebrar este día tan importante,  ao longo de toda a semana as nenas e nenos do Mosteiro visitaron a biblioteca e fixeron actividades moi divertidas para coñecela mellor.  Esta semana serviu tamén para inaugurar a biblioteca, así como un montón de propostas: o club de lectura, de lettering e moitas outras iniciativas que pensamos que esperemos que vos gusten e que participedes. Pero estas non son as únicas novidades que temos. Estes días estamos a celebrar o Magosto e o Sanmaín. Estas dúas festas xuntas forman o nome de MAGOSTÍN!!! Proximamente teredes máis novas sobre o Magostín... Unha aperta. Vémonos pronto!

Magostín no Mosteiro

Ola mosteiriños e mosteiriñas! O venres pasado celebramos o Magostín, unha festa que xunta o Magosto có Sanmaín. Durante o Magostín, mergullámosnos na Mitoloxía Galega. Agora coñecemos os seus principais personaxes: os trasnos, os nubeiros e, como non, as meigas! Polo Magostín, as nenas e os nenos do Mosteiro experimentaron diferentes actividades na biblioteca. O alumnado de Educación Infantil e o de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria fixeron unha visita á biblioteca, onde realizaron unha actividade de contacontos coa presencia dunha meiga que fixo a experiencia moito máis terrorífica. Por outra parte, as nenas e nenos de 4º, 5º e 6º de Primaria foron descubrindo, por medio de pistas, algúns dos personaxes da Mitoloxía Galega. Esta actividade rematou tamén coa narración dun conto de Sanmaín. Agardamos que todas e todos o pasárades moi ben nesta viaxe de medo!!! Unha aperta moi grande.