Ir al contenido principal

Lecturas pola Paz

 Bos días a todas e todos!

Esta semana estivemos festexando no Mosteiro o Día escolar da Paz e non violencia. Para conmemorar este día, o alumnado do cole disfrutou na biblioteca de diferentes lecturas pola paz.

Para o ciclo de Educación Infantil, o conto escollido foi Negros e brancos que aborda a xestión das diferenzas e a importancia da diversidad a través da divertida historia duns elefantes.

Coas nenas e nenos de 1º e 2º, traballouse o conto Hoy no juegas, no que se fala da relevancia de tratar ben aos demais e da resolución de conflitos.

O alumnado de 2º ciclo de Primaria aprendeu coa historia de Se busca culpable, onde o malhumorado señor Ponte sofre as consecuencias da súa intolerancia.

Os maiores desfrutar dunha entretida actividade en torno a La fábrica de etiquetas, a través da cal traballaron a eliminación de prexuízos.






Entradas populares de este blog

DÍA DO LIBRO 2020

O día  23 de abril celébrase en todo o mundo o   DÍA INTERNACIONAL do LIBRO. A orixe desta celebración remóntase a 1926. O  23 de abril  de 1616 finaban   Cervantes , Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega . ... En 1995 o día do libro  convértese nunha FESTA MUNDIAL. Este ano que tanto temos que QUEDAR NA CASA os libros axúdannos a pasar moitos ratos entretidos, a soñar, a viaxar e a imaxinar moitas cousas.                                                                                           TER UN LIBRO É TER UN AMIGO MIGUEL DE CERVANTES      ( Miguel de  Cervantes ...

Un poema e unha flor

 Para celebrar o día do libro, o 23 de abril realizamos un recitado de poemas creados polas nenas e nenos do cole e intercambiamos unha flor.

Arranca o Cine Mosteiro!

Ola a todas e a todos! Neste segundo trimestre arrancamos dunha vez por todas có cine na biblioteca.  O Cine Mosteiro está a ser un éxito! O alumnado está a tope có Cine Mosteiro e esgota as entradas cada xoves. Pero... tranquilidade! Ningúen se queda sen acudir ao cine. As sesións repítense ata que todas as nenas e os nenos que o desexen poidan asistir. Se non puideches asistir a unha sesión de cine, non tes que preocuparte. A sesión repítese o xoves seguinte para as nenas e os nenos que non puideron acudir a primeira vez. Polo de agora, xa visualizamos "Los Green en la gran ciudad" e "Flipante Noa". Encantáronnos os capítulos!  Unha aperta moi grande. Vémonos pronto con moitas máis novidades!