Ir al contenido principal

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES EN INFANTIL

Os nenos e nenas de Infantil festexamos o Día Internacional das Bibliotecas escolares dun xeito un pouco particular. Invitamos aos nosos mellores amigos, os nosos peluches, a pasar unha noite na biblio de cole. FESTA DE PIXAMAS DE PELUCHES!!

Pillarratos e as mestras ensináronlles todos os segredos da biblio, todos os libros que contén, coontáronlle moitos contos, déronlles de cear, fixeron unha sesión de cine, e despois... todos xuntiños a durmir!

Ao día seguinte os nosos peluches entregáronnos unha carta con moitísimas fotos das súas aventuras na biblio. Unha experiencia xenial para animar aos nosos peques a visitar a biblio do cole.

Aquí vos deixamos algunhas fotiños.





















Entradas populares de este blog

DÍA DO LIBRO 2020

O día  23 de abril celébrase en todo o mundo o   DÍA INTERNACIONAL do LIBRO. A orixe desta celebración remóntase a 1926. O  23 de abril  de 1616 finaban   Cervantes , Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega . ... En 1995 o día do libro  convértese nunha FESTA MUNDIAL. Este ano que tanto temos que QUEDAR NA CASA os libros axúdannos a pasar moitos ratos entretidos, a soñar, a viaxar e a imaxinar moitas cousas.                                                                                           TER UN LIBRO É TER UN AMIGO MIGUEL DE CERVANTES      ( Miguel de  Cervantes ...

Un poema e unha flor

 Para celebrar o día do libro, o 23 de abril realizamos un recitado de poemas creados polas nenas e nenos do cole e intercambiamos unha flor.