Ir al contenido principal

PILLARRATOS CONECTA DE NOVO



Ola amigas e amigos! 
Estamos xa en abril, e como di o refrán: marzo ventoso e abril chuvioso, deixan a maio florido e fermoso.
Así que xa sabedes, o mes de maio este ano vai ser espectacular.
Fixen desconexión tecnolóxica no pasado mes de marzo. Aproveitei para matinar novas ideas e actividades xunto co equipo de biblio de profes e a comisión de alumnas e alumnos voluntarias e voluntarios.
Dar as grazas antes de nada a Gema, Marcos, Miguel Dueñas e Paula Alonso. Ademáis de Carlota, Raúl, Uxía e Viri.  Novamente dar a benvida a André, Claudia, Diego e Miguel Alonso. Non esquecendo a Andrea, Brais, Carla G., e Marina.

Non paramos... Lembrades a miña recomendación duns versos e a data do 24 de febreiro?
Pois si, tédelo adiviñado! Os versos pertencen o poema Alborada de Rosalía de Castro, e o 24 de febreiro é a data do seu nacemento. De seguir viva, esta ano tería cumprido 181 anos.



Grazas a profesora Raquel, de Infantil de 3 anos, puidemos coñecer mellor a Rosalía: non só a súa obra se non a súa vida tamén.



Ademais tivemos tempo para CONTOS EN FAMILIA.





Que ben o pasamos!

Aí van as miñas recomendacións feitas polos meus amigos Andrea, Brais e Marina.




E non quería dicir adeus sen mandarlle un bico a nosa amiga Tere, por querer tanto ao galego, aos libros e a todas e a todos nós.  UN BICO MOI GRANDE!!!
E, a vós, ata a vista!

Entradas populares de este blog

DÍA DO LIBRO 2020

O día  23 de abril celébrase en todo o mundo o   DÍA INTERNACIONAL do LIBRO. A orixe desta celebración remóntase a 1926. O  23 de abril  de 1616 finaban   Cervantes , Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega . ... En 1995 o día do libro  convértese nunha FESTA MUNDIAL. Este ano que tanto temos que QUEDAR NA CASA os libros axúdannos a pasar moitos ratos entretidos, a soñar, a viaxar e a imaxinar moitas cousas.                                                                                           TER UN LIBRO É TER UN AMIGO MIGUEL DE CERVANTES      ( Miguel de  Cervantes ...

Un poema e unha flor

 Para celebrar o día do libro, o 23 de abril realizamos un recitado de poemas creados polas nenas e nenos do cole e intercambiamos unha flor.

Arranca o Cine Mosteiro!

Ola a todas e a todos! Neste segundo trimestre arrancamos dunha vez por todas có cine na biblioteca.  O Cine Mosteiro está a ser un éxito! O alumnado está a tope có Cine Mosteiro e esgota as entradas cada xoves. Pero... tranquilidade! Ningúen se queda sen acudir ao cine. As sesións repítense ata que todas as nenas e os nenos que o desexen poidan asistir. Se non puideches asistir a unha sesión de cine, non tes que preocuparte. A sesión repítese o xoves seguinte para as nenas e os nenos que non puideron acudir a primeira vez. Polo de agora, xa visualizamos "Los Green en la gran ciudad" e "Flipante Noa". Encantáronnos os capítulos!  Unha aperta moi grande. Vémonos pronto con moitas máis novidades!