Ir al contenido principal

PILLARRATOS COMEZA FEBREIRO...

Ola amigas e amigos! Xuntos de novo!!

Pasou o Nadal, rematou xaneiro e entrou febreiro, o mes máis "carnavaleiro"...


Antes de nada, teño que dar as grazas as colaboradoras e aos colaboradores do pasado mes da biblio.

Dou a benvida novamente, a Andrea, a Aarón e a Brais. Ademais de a Carla G., a Chon e a Elías. E, por suposto, a María e a Marina.


Tampouco esquezo a axuda que todas as miñas amigas e todos os meus amigos me prestastes para encher o bosque de bos desexos...



Árbores pequenos e grandes, de plástico e de goma "eva"... Todos eles cubertos dos vosos anhelos, soños, esperanzas e desexos...

Sabedes que o meu desexo se cumpriu? 
Poder seguir vendo dende o meu pequeno recuncho da biblio do cole Mosteiro a vosa mirada chea de maxia e de ilusión cada vez que abrides un libro.

E, ademais tivemos tempo para os 

CONTOS EN FAMILIA.                      

Que ben o pasamos!




Cantas cousas divertidas aprendemos e 

fixemos!





Aí vai a miña recomendación. Anotade na vosa axenda a data do 24 de febreiro e estes versos:

"¡Canta, paxariño canta!

de poliña en pola,

que o sol se levanta

polo  monte verde,

polo monte verde, 

alegrando as herbas...,

alegrando as fontes!"


Ata a vista!!!



Entradas populares de este blog

DÍA DO LIBRO 2020

O día  23 de abril celébrase en todo o mundo o   DÍA INTERNACIONAL do LIBRO. A orixe desta celebración remóntase a 1926. O  23 de abril  de 1616 finaban   Cervantes , Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega . ... En 1995 o día do libro  convértese nunha FESTA MUNDIAL. Este ano que tanto temos que QUEDAR NA CASA os libros axúdannos a pasar moitos ratos entretidos, a soñar, a viaxar e a imaxinar moitas cousas.                                                                                           TER UN LIBRO É TER UN AMIGO MIGUEL DE CERVANTES      ( Miguel de  Cervantes ...

Un poema e unha flor

 Para celebrar o día do libro, o 23 de abril realizamos un recitado de poemas creados polas nenas e nenos do cole e intercambiamos unha flor.