Ir al contenido principal

PILLARRATOS CÓNTANOS EN NOVEMBRO...


Ola amigas e amigos!

Xa estamos xuntos de novo!







  SAMAÍN

A celebración do Samaín trouxo o fin de outubro. O equipo de biblio engalanouna para a ocasión e eu disfraceime tamén. A ver se me atopades nalgunha fotografía, estou moi agochado...

Que susto levei ao mirar as arañeiras e as cabaciñas terroríficas!!!



Grazas ás visitas das amigas e amigos de educación infantil e de primaria, o medo desapareceu!!





E, sabedes? Puiden pasalo "de medo" coa lectura de dous libros de bruxiñas que atopei no recuncho de Producións propias da biblioteca.





























Novos colaboradores...

Veu novembro e a choiva, por fin, deixouse sentir! 
Co cambio de mes moitas cousas mudaron, coma os colaboradores de 6º curso. Moitas grazas aos que tanto axudaron en outubro e benvidos  aos novos: André, Andrea e Brais. Tamén Carla G., Claudia e Diego. E non esquezo a  Marina e Miguel A. 

Mes da ciencia en galego

As bibliotecas escolares dedicamos novembro a coñecer e gozar coa ciencia. 
E se abrimos os ollos poderemos ver numerosas estrelas na ciencia galega...


O equipo da biblio do noso cole, máis eu, queremos homenaxear ás mulleres científicas galegas de todos os tempos. Así que estade moi atentos a todas as nosas propostas ao longo destes días.

Recomendacións...

E non quedan atrás as miñas recomendacións:


















Ata a vista!!!


Entradas populares de este blog

DÍA DO LIBRO 2020

O día  23 de abril celébrase en todo o mundo o   DÍA INTERNACIONAL do LIBRO. A orixe desta celebración remóntase a 1926. O  23 de abril  de 1616 finaban   Cervantes , Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega . ... En 1995 o día do libro  convértese nunha FESTA MUNDIAL. Este ano que tanto temos que QUEDAR NA CASA os libros axúdannos a pasar moitos ratos entretidos, a soñar, a viaxar e a imaxinar moitas cousas.                                                                                           TER UN LIBRO É TER UN AMIGO MIGUEL DE CERVANTES      ( Miguel de  Cervantes ...

Un poema e unha flor

 Para celebrar o día do libro, o 23 de abril realizamos un recitado de poemas creados polas nenas e nenos do cole e intercambiamos unha flor.