Ir al contenido principal

ALÓ POLO DÍA DO LIBRO...

Non sabemos o que aconteceu, pola mañá cando chegamos o colexio,  a zona da biblioteca estaba chea de globos e sonaba a música de cumpleanos feliz.





Que acontece? , Quen encheu a entrada de globos?, Quen está de aniversario?

Pronto decatámonos de que era o día do libro, a gran festa do libro.
Este curso non nos tocou degustar unha tarta de chuches como o curso pasado pero na hora do recreo cada neno/a tivemos que coller un globo e saír o patio.







Xa no patio cantamos "cumpleanos feliz". O noso amigo o libro estaba de festa,  logo explotamos os globos.




 Que foi o que aconteceu?

MAXIA!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Dentro dos globos atopábanse serpentinas e os poemas que estiveramos inventando nas sesións de biblioteca.





Quen meteu os poemas nos globos?, Quen inflou tantos globos? 

Serían fadas, Pillarratos, os ratos da biblioteca, uns trasnos máxicos...
Nunca saberemos o que aconteceu, sempre será un misterio, pero a verdade é que a nosa biblioteca é marabillosa, sempre está chea de maxia, fantasía e moitos acontecementos inesperados...




Entradas populares de este blog

DÍA DO LIBRO 2020

O día  23 de abril celébrase en todo o mundo o   DÍA INTERNACIONAL do LIBRO. A orixe desta celebración remóntase a 1926. O  23 de abril  de 1616 finaban   Cervantes , Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega . ... En 1995 o día do libro  convértese nunha FESTA MUNDIAL. Este ano que tanto temos que QUEDAR NA CASA os libros axúdannos a pasar moitos ratos entretidos, a soñar, a viaxar e a imaxinar moitas cousas.                                                                                           TER UN LIBRO É TER UN AMIGO MIGUEL DE CERVANTES      ( Miguel de  Cervantes ...

Un poema e unha flor

 Para celebrar o día do libro, o 23 de abril realizamos un recitado de poemas creados polas nenas e nenos do cole e intercambiamos unha flor.

Arranca o Cine Mosteiro!

Ola a todas e a todos! Neste segundo trimestre arrancamos dunha vez por todas có cine na biblioteca.  O Cine Mosteiro está a ser un éxito! O alumnado está a tope có Cine Mosteiro e esgota as entradas cada xoves. Pero... tranquilidade! Ningúen se queda sen acudir ao cine. As sesións repítense ata que todas as nenas e os nenos que o desexen poidan asistir. Se non puideches asistir a unha sesión de cine, non tes que preocuparte. A sesión repítese o xoves seguinte para as nenas e os nenos que non puideron acudir a primeira vez. Polo de agora, xa visualizamos "Los Green en la gran ciudad" e "Flipante Noa". Encantáronnos os capítulos!  Unha aperta moi grande. Vémonos pronto con moitas máis novidades!