Ola mosteiriños e mosteiriñas! O venres pasado celebramos o Magostín, unha festa que xunta o Magosto có Sanmaín. Durante o Magostín, mergullámosnos na Mitoloxía Galega. Agora coñecemos os seus principais personaxes: os trasnos, os nubeiros e, como non, as meigas! Polo Magostín, as nenas e os nenos do Mosteiro experimentaron diferentes actividades na biblioteca. O alumnado de Educación Infantil e o de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria fixeron unha visita á biblioteca, onde realizaron unha actividade de contacontos coa presencia dunha meiga que fixo a experiencia moito máis terrorífica. Por outra parte, as nenas e nenos de 4º, 5º e 6º de Primaria foron descubrindo, por medio de pistas, algúns dos personaxes da Mitoloxía Galega. Esta actividade rematou tamén coa narración dun conto de Sanmaín. Agardamos que todas e todos o pasárades moi ben nesta viaxe de medo!!! Unha aperta moi grande.