O día 23 de abril celébrase en todo o mundo o DÍA INTERNACIONAL do LIBRO. A orixe desta celebración remóntase a 1926. O 23 de abril de 1616 finaban Cervantes , Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega . ... En 1995 o día do libro convértese nunha FESTA MUNDIAL. Este ano que tanto temos que QUEDAR NA CASA os libros axúdannos a pasar moitos ratos entretidos, a soñar, a viaxar e a imaxinar moitas cousas. TER UN LIBRO É TER UN AMIGO MIGUEL DE CERVANTES ( Miguel de Cervantes ...
Ola a todas e a todos! Neste segundo trimestre arrancamos dunha vez por todas có cine na biblioteca. O Cine Mosteiro está a ser un éxito! O alumnado está a tope có Cine Mosteiro e esgota as entradas cada xoves. Pero... tranquilidade! Ningúen se queda sen acudir ao cine. As sesións repítense ata que todas as nenas e os nenos que o desexen poidan asistir. Se non puideches asistir a unha sesión de cine, non tes que preocuparte. A sesión repítese o xoves seguinte para as nenas e os nenos que non puideron acudir a primeira vez. Polo de agora, xa visualizamos "Los Green en la gran ciudad" e "Flipante Noa". Encantáronnos os capítulos! Unha aperta moi grande. Vémonos pronto con moitas máis novidades!