Ola mosteiriñas e mosteiriños! Hoxe queríamos compartir con vós esta actividade chulísima que fixeron as clases de 1º e de 2º. Unha rapaza do equipo de Vigo Pesqueiro viu a contarnos unha historia moi chula con animais mariños como protas. Desfrutamos un montón coñecendo á raia Shu e a Fermín o boi de mar! Ao rematar a historia, tivemos un taller de papiroflexia e recreamos a unha das personaxes do conto: Branca a balea. Por suposto, cada balea era personalizada, con nomes e cores diferentes. Pasámolo pipa!
C.E.I.P. MOSTEIRO-BEMBRIVE
Blog da biblioteca escolar do CEIP MOSTEIRO BEMBRIVE