Hoxe na biblioteca seguimos cas visitas dos avós e avoas.
Hoxe tocoulle o turno a 6º,1º de primaria e infantil de 3 anos. Os alumnos de 6º e 1º de primaria, disfrutaron da compaña de José e Margarita. José foi o avó máis veterano que nos visitou, 90 anos levados con moita vitalidade e Margarita ensinounos varios trabalinguas.....unha maravilla.
Os mais cativos do cole disfrutaron co avó Tito e María. Tito contounos un conto con marionetas e nos falou da importancia do xogo de xadrez. María acompañounos a cociña do colexio para elaborar unhas ricas tortiñas con chocolate e fresa.
Hoxe tocoulle o turno a 6º,1º de primaria e infantil de 3 anos. Os alumnos de 6º e 1º de primaria, disfrutaron da compaña de José e Margarita. José foi o avó máis veterano que nos visitou, 90 anos levados con moita vitalidade e Margarita ensinounos varios trabalinguas.....unha maravilla.
De todos eles aprendemos un montón de cousas e lles fixemos ás nosas entrevistas.
Moitas gracias pola vosa visita. Mañá xoves...máis...





