Cada día somos máis os grupos de alumnos que disfrutamos da compaña dos avós e incluso algún grupo repite. Os máis cativos do cole, infantil 3 anos, repetiron sesión, a avoa Queta ensinoulles o proceso da lá, dende que se rapa a ovella hata que se fai a bufanda, logo o avó Luis contoulles historias da súa infancia.
Despois tocoulle o turno a 4º de primaria, tiveron a visita de Rula e Manolo, dous avós que contaron historias relacionadas ca súa vida de novos, mostraron fotos relacionadas co circo, co comic...da súa época, tamén trouxeron un periódico ca foto da súa voda....unha parexa ben interesante.
Vos damos ás gracias por participar nesta actividade, compartindo con nós temas tan interesantes, e axudándonos a entender unha época ben distinta a de hoxe. A todos moitas gracias. Mañá venres...mais...





