Bo día!
Estou aquí para contarvos as múltiples visitas que tivemos nestas últimas semanas. ç
En primeiro lugar, as nenas e os nenos de Educación Infantil e do primeiro ciclo de primaria asistiron á biblioteca para presenciar unha obra de teatro en inglés levada a cabo pola academia Kids & Us. Por medio dunha historia moi dinámica acerca da realeza británica, o alumnado cantou, bailou e desfrutou moitísimo.
No segundo ciclo recibimos a visita de María da Pontragha, unha excelente contacontos que narrou unha historia da tradición oral galega.
Finalmente, tivemos o pracer de contar coa presencia de Andrea Maceiras, unha célebre escritora galega, que acudiu á nosa escolar para falar da súa obra "El enigma de Siempreviva" có alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria.
Agora que este segundo trimestre cargado de novidades chega ao seu fin, agardamos que desfrutarades e que poidamos sorprendervos có que temos preparado para o terceiro trimestre.
Un saúdo e ata pronto!




.jpg)


.jpg)
.jpg)