Ir al contenido principal

¡Ola, mosteiriños e mosteiriñas!

 

          

 


           ¡Equipo de voluntarias de 6º de Educación Primaria ao teclado! 



Arrancamos este curso escolar 2022/2023 con moitísimas novidades, entre elas estreamos novo espazo de biblioteca. 

 

¡Encántanos! Moito máis luminoso e diáfano.

 

Estamos colocando novos contos, organizando os libros e identificando estes cos pictogramas.

 

Fixemos un concurso para decidir a nova mascota, participamos nun xogo de escape room para conmemorar o día das bibliotecas escolares, e moitas outras cousas.

 

¡Pronto publicaremos un vídeo de recomendacións lectoras que estamos a preparar!

 

Invitámosvos a participar nas propostas e iniciativas que emerxen dende a biblio para seguir medrando e creando escola!

 

Unha aperta

 

Equipo de voluntarias de 6º de Educación Primaria











Entradas populares de este blog

DÍA DO LIBRO 2020

O día  23 de abril celébrase en todo o mundo o   DÍA INTERNACIONAL do LIBRO. A orixe desta celebración remóntase a 1926. O  23 de abril  de 1616 finaban   Cervantes , Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega . ... En 1995 o día do libro  convértese nunha FESTA MUNDIAL. Este ano que tanto temos que QUEDAR NA CASA os libros axúdannos a pasar moitos ratos entretidos, a soñar, a viaxar e a imaxinar moitas cousas.                                                                                           TER UN LIBRO É TER UN AMIGO MIGUEL DE CERVANTES      ( Miguel de  Cervantes ...

Un poema e unha flor

 Para celebrar o día do libro, o 23 de abril realizamos un recitado de poemas creados polas nenas e nenos do cole e intercambiamos unha flor.

Día das Bibliotecas Escolares 2024

 Bos días a todas e a todas! O xoves 24 de outubro foi o día internacional das Bibliotecas Escolares. Por iso, as nenas e nenos do Mosteiro-Bembrive acudiron ao longo de toda a semana pasada á inauguración neste curso da nosa biblioteca. Este ano temos moitas novidades! En primeiro lugar, neste curso a nosa biblioteca está moi implicada na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da Axenda 2030. Polo tanto, cada grupo visualizou un vídeo acerca desta temática có obxectivo de comprender en que consisten. Ademais, descubrimos as caixiñas onde podemos atopar libros relacionados con cada un destes obxectivos. Por outra banda, este ano seguimos contando con diversos clubes na biblioteca á hora do recreo. Ademais dos xa coñecidos clubes de lectura e de lettering, este ano contamos cun clube de xogos de mesa. Agora xa estamos centrados na preparación do SAmaín. Este mércores estaredes todos invitados a visitar a nosa biblioteca do terror... Atrevédesvos? Vémonos pronto...