Ola amigas e amigos!
Xa estamos xuntos de novo!
SAMAÍN
A celebración do Samaín trouxo o fin de outubro. O equipo de biblio engalanouna para a ocasión e eu disfraceime tamén. A ver se me atopades nalgunha fotografía, estou moi agochado...
Que susto levei ao mirar as arañeiras e as cabaciñas terroríficas!!!
Grazas ás visitas das amigas e amigos de educación infantil e de primaria, o medo desapareceu!!
E, sabedes? Puiden pasalo "de medo" coa lectura de dous libros de bruxiñas que atopei no recuncho de Producións propias da biblioteca.
Novos colaboradores...
Veu novembro e a choiva, por fin, deixouse sentir!
Co cambio de mes moitas cousas mudaron, coma os colaboradores de 6º curso. Moitas grazas aos que tanto axudaron en outubro e benvidos aos novos: André, Andrea e Brais. Tamén Carla G., Claudia e Diego. E non esquezo a Marina e Miguel A.
Mes da ciencia en galego
As bibliotecas escolares dedicamos novembro a coñecer e gozar coa ciencia.
E se abrimos os ollos poderemos ver numerosas estrelas na ciencia galega...
O equipo da biblio do noso cole, máis eu, queremos homenaxear ás mulleres científicas galegas de todos os tempos. Así que estade moi atentos a todas as nosas propostas ao longo destes días.
Recomendacións...
E non quedan atrás as miñas recomendacións:

