Ola amigas e amigos! Son Pillarratos!

A biblioteca xa está aberta novamente.
Teño boas novas para este curso:
Os meus colaboradores de sexto curso son moitísimos, toda a clase!
Neste mes de outubro axúdanme: Candela, Carla e Carlota. Tamén Gema, Miguel e Paula. Ademais de Raúl, Uxía e Viri.
Moitas grazas pola vosa colaboración!
Sementando igualdade
Este é o proxecto do colexio para este curso 2017-2018. A nosa proposta desde a biblioteca para este trimestre é...
Día da Biblioteca
Ah, case o esquecía!O día 24 de outubro foi o Día Internacional das Bibliotecas e das Bibliotecas Escolares.
Para conmemorar esta data, moitas e moitos de vós, nas aulas, lestes contos e traballastes sobre a igualdade, reflexionando sobre as imaxes, os personaxes, as cores...
Recomendacións para este mes
E, por último, as miñas recomendacións para este mes son...



